O simposio LIBROS POLA DIVERSIDADE acolle a colección Lectura Fácil de Galaxia

O xoves 30 de setembro, celebrarase, ás 16:30 h, un encontro con Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, que presentará a colección de Lectura Fácil de Editorial Galaxia. Será no simposio O libro e a Lectura: LIBROS POLA DIVERSIDADE, organizado pola Asociación Galega de Editoras (AGE), no Consello da Cultura Galega, en Santiago de […]

A Editorial Galaxia publica a nova novela de Xoaquín Fernández Leiceaga

A Editorial Galaxia publica Baixo as alas de abril, de Xoaquín Fernández Leiceaga. Pertencente á colección Literaria, trátase dunha obra narrativa, de xénero policial, na que se reflexiona sobre as primeiras épocas da democracia. Persecucións, interrogatorios, vidas demoucadas: a trama penetra no ambiente sindical e estudantil compostelán para deixar á vista a cicatriz perenne da […]

Hoxe celebramos o Día Europeo das Linguas

Hoxe celébrase o Día Europeo das Linguas, unha data que lembra a importancia de coidar e preservar o valor máis importante que posuímos a nivel cultural e social, a nosa identidade lingüística. Fomentar a rica diversidade cultural de Europa, así como incrementar o grao de entendemento intercultural e lingüístico a través da aprendizaxe doutras linguas, […]

Galaxia publica dous grandes clásicos universais da literatura xuvenil

O castelo encantado, de Edith Nesbit, e O xardín secreto, de Frances Hodgson Burnett, son os dous títulos que a Editorial Galaxia suma ao seu catálogo, na colección Costa Oeste. As traducións son un valor engadido no que a editorial cre firmemente. Darlle a oportunidade ao noso público de ler grandes clásicos da literatura xuvenil […]

Presentación de “Quérote canto”, en Pontedeume

O venres 24 de setembro, celebrarase, ás 20:30 h, na Casa da Cultura de Pontedeume, a presentación do poemario Quérote canto, de Baldo Ramos e Eva Veiga. Acompañando aos autores, presentará o libro a profesora e crítica Teresa Seara. O acto contará coa actuación musical de Bernardo Martínez e Fito Ares. Durante o proceso creativo do […]

A Editorial Galaxia publica o XVI Premio Raíña Lupa, “O enigma de Santiago”

O enigma de Santiago, de Xosé A. Neira Cruz, foi a obra escollida como gañadora na XVI edición do prestixioso Premio Raíña Lupa. Publicada na colección Costa Oeste de Editorial Galaxia, a novela describe unha trama arredor do poder que se artella a través de feitos históricos, destinado ao público infantil. Amosa a ligazón entre […]

Presentación do novo libro de Domingo Villar, “Algúns contos completos”, en Vigo

O xoves 23 de setembro, celebrarase, ás 20:00 h, no MARCO de Vigo, a presentación do novo libro de Domingo Villar, Algúns contos completos, ilustrado cos linogravados de Carlos Baonza. Acompañando aos autores, no encontro participará Ana Pereira, doutora en Historia da Arte, como moderadora. É imprescindible confirmar asistencia no correo comunicacion@editorialgalaxia.gal e chegar con quince […]

“Algúns contos completos”, de Domingo Villar, un tributo á amizade

Despois dunha semana nas librarías, Algúns contos completos, de Domingo Villar, móstrase como un tributo á vida e á amizade, un libro no que non hai espazo para a tristeza. Dez relatos fabulosos, adobiados cos linogravados do artista Carlos Baonza.  O propio Villar asegura que “o título é unha homenaxe ao meu pai, que nos seus últimos anos comezou […]