Onte inauguramos o Obradoiro Literario, con Anna R. Figueiredo, da Escola de Letras

Onte presentamos, na sede da Deputación de Pontevedra, en Vigo, o obradoiro literario da Escola de Letras, “Escribir unha novela”, con Anna R. Figueiredo. Acompañando a docente, asistiron Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, a deputada de turismo e Xuventude, Ana Laura Iglesias González, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. A Escola […]
Sarabela Teatro estrea a obra “Morgana en Esmelle”, en Ourense

O venres 17 de setembro, celebrarase, ás 21.00 h, no Auditorio Municipal de Ourense, a estrea da obra teatral Morgana en Esmelle, de Sarabela Teatro. Baseada no libro de Begoña Caamaño, publicado na Editorial Galaxia, a edición e dirección corre a cargo de Ánxeles Cuña Bóveda. Esta é unha novela que recibiu recoñecementos como o Premio da Crítica […]
Le o primeiro capítulo do novo libro de Francisco Castro

Xa podedes ler o primeiro capítulo de O cemiterio de barcos, de Francisco Castro, premendo aquí. O escritor Francisco Castro preséntanos unha historia luminosa de amor e amizade contra a violencia en todas as súas expresións. Esta novela de aventuras e misterio, publicada na colección Costa Oeste de Editorial Galaxia, atrapá ás lectoras e lectores de todas […]
Obradoiro Literario da Escola de Letras con Anna R. Figueiredo

Este mércores 15 de setembro, a Escola de Letras, da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, retoma a súa actividade achegando a palabra ás alumnas e alumnos, na cidade de Vigo. Neste caso, o Obradoiro Literario: Escribir unha novela, impartido pola docente Anna R. Figueiredo, celebrarase, en Vigo, os días 15, 22 e 29 de setembro; 6, 13, 20 e 27 de outubro; 3 de novembro. Acompañando a docente, xunto a […]
Nós TV estrea, este sábado, “Eu son Balbino!”

Sesenta anos despois da súa publicación, Memorias dun neno labrego, a obra mestra de Xosé Neira Vilas, segue a ser, ademais dun clásico universal, un dos libros máis editados e traducidos da nosa literatura. Por que é tan especial? Que segredos e verdades habitan entre as súas páxinas? Continúa presente a forza da lingua, do rural e da infancia? […]
O día 15 de setembro Galaxia publica o novo libro de Francisco Castro

O novo libro de Francisco Castro, O cemiterio de barcos, pertence á colección Costa Oeste do catálogo da editorial. Unha novela de aventuras e misterio que atrapá ás lectores e lectores de todas as idadese que sae publicada nas catro linguas oficias do Estado Español. Despois do seu libro Tantos anos de silencio (2020), unha viaxe apaixonante […]
O novo libro de Domingo Villar chega a todas as librarías o día 8

Este mércores, día 8 de setembro, o novo libro de Domingo Villar, Algúns contos completos, chegará ás librarías de toda Galicia. Os dez relatos do libro están acompañados dos linogravados de Carlos Baonza. Tralo éxito de O último barco (2019), que puxo o ramo á triloxía do inspector Leo Caldas, dous anos despois, Algúns contos completos desvelará unha faceta sorprendente do […]
A Editorial Galaxia publica “Aura 1964”, de Ignacio Vilar

Con este título a editorial inaugura no seu catálogo a colección Guión na que aposta pola publicación de textos escritos para o cine. A Editorial Galaxia aposta a favor da memoria histórica con “Aura 1964”, de Ignacio Vilar, guión da súa nova película, e un proxecto apoiado polo Creative Europe Media (programa deseñado para o apoio do cinema europeo). […]