Presentación de “Baixo as alas de abril”, en Santiago de Compostela

O xoves 14 de outubro, celebrarase, ás 19:30 h, a presentación de Baixo as alas de abril, de Xoaquín Fernández Leiceaga, na libraría Couceiro, en Santiago de Compostela. Acompañando o autor, asistirá o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, e Dolores Vilavedra en representación da Editorial Galaxia. Esta é unha novela de intriga […]
Galaxia celebra o Día da Ciencia en Galicia

Cada 8 de outubro celébrase o Día da Ciencia en Galicia, unha data que lembra a importancia de resaltar o labor de todas e todos os profesionais deste eido. O seu principal obxectivo é o de salientar a difusión do coñecemento científico no idioma galego e poñer en voga as achegas dos galegos á ciencia […]
Presentación de “Vermellos e laicos”, en Allariz

O venres 8 de outubro, celebrarase, ás 19:30 h, a presentación de Vermellos e laicos, de Narciso de Gabriel, na Fundación Vicente Risco, en Allariz. Acompañando o autor, estarán o presidente da Fundación Penzol, Manuel Puga, e Antón Vidal Andión, presidente da Editorial Galaxia. Vermellos e laicos inaugura a colección Memoria Histórica de Editorial Galaxia. […]
A novela “Eternity”, de Xosé Monteagudo é a gañadora do XV Premio Repsol

A obra Eternity de Xosé Monteagudo resultou gañadora da XV edición do Premio Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega. Así o comunicou esta mañá o voceiro xurado, Xavier Senín, na sede da Real Academia Galega na Coruña O acto do ditame contou coa presenza de representantes das entidades participantes do premio, o secretario xeral de […]
O mércores inauguramos o novo obradoiro da Escola de Letras, con Diego Giráldez

O vindeiro mércores 6 de outubro comeza o novo obradoiro con Diego Giráldez, da Escola de Letras, en Pontevedra. A Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia continúa a súa traxectoria cun novo Obradoiro Literario, esta vez, con Diego Giráldez. Durante cinco sesións, que comezarán este mércores e se levarán a […]
Hoxe celébrase o Día Mundial dos Animais

Hoxe é o Día Mundial dos Animais, unha data na que celebramos a vida animal en calquera das súas formas. O propósito central deste día é lembrar a importancia de todas as especies animais con quen compartimos o planeta. A través deste tipo de celebracións, búscase crear unha nova cultura do respecto e sensibilidade cara […]
Hoxe celébrase o Día Internacional da Música

Hoxe, día 1 de outubro, celébrase o Día Internacional da Música e, para festexalo, compartimos con todas e todos vós algunhas das nosas últimas novidades musicais. No catálogo da Editorial Galaxia, publicamos o libro-disco Se te quixen foi polos grelos, de Timparrantela. Unha banda composta por Olga Brañas, Lorena Sotelo, María Blanco, Olalla López, Olalla […]
Hoxe celébrase o Día Internacional da Tradución

Hoxe celébrase o Día Internacional da Tradución, unha data que pon en valor o traballo das tradutoras e tradutores que, a través do seu labor, achegan o pensamento e as ideas de persoas de todo o mundo á sociedade. Facilitan o diálogo e o entendemento, e propician que unha autora ou un autor poida contar a […]