Autores e autoras galegos no LITVI

Hoxe dá comezo, dende Estella (Navarra), unha viaxe que vai traer a Compostela unha serie de escritores e xornalistas xa non só galegos senón doutras latitudes internacionais e do resto do estado español dentro do marco do 'Encontro Internacional de Literatura de Viaxes' que, a partir do día 20, e durante unha semana, estará centrado […]

A LITERATURA GALEGA NO MUNDO

O pasado sábado, ás 12.00 h, na Sala de Xuntas da Consellería de Cultura e Deporte, tivo lugar a presentación aos medios de comunicación deste proxecto destinado a dar a coñecer o noso patrimonio literario en todos os ámbitos que permitan a súa proxección alén das nosas fronteiras. No acto participaron Roberto Varela (Conselleiro de […]

A FAMA, de Daniel Kehlmann, premiada en Francia

Esta fin de semana coñeciamos que a novela, recentemente publicada por Galaxia , 'A fama' de Daniel Kehlmann vén de recibir o Premio Cévennes á mellor novela europea, un prestixioso galardón que está patrocinado por "Le Monde des livres", o máis importante suplemento de libros de Francia. Outro dos finalistas era Jean-Philippe Toussaint, de quen […]

Homenaxe a Marilar Aleixandre da AELG

Esta edición fará a número 16 desta homenaxe que conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de década e media como unha celebración na que a terra de orixe ou adopción do homenaxeado/a cobra un protagonismo fundamental. Unha celebración múltiple e popular na que se vén recoñecendo a entidade […]

A Galicia de Montevideo. Unha biografía de Xesús Canabal

Estes días irá chegando ás librerías de todo o país o novo libro do escritor, libreiro e editor galego Manuel Losa Rocha, A Galicia de Montevideo. Unha biografía de Xesús Canabal (1897-1985), na que o autor, ao tempo que repasa a vida a vida deste emigrante ao Uruguai e o seu fundamental papel como empresario […]

Poesía galega en irlandés e inglés

'To the winds our sails' é o título do libro que estes días se publica na editorial Salmon Poetry de Irlanda, con textos, entre outras, de Xohana Torres, Marilar Aleixandre, Chus Pato, Ana Romaní, María do Cebreiro ou Xiana Arias Rego. A poesía galega, así, que nos últimos anos ten experimentado un pulo importante protagonizado […]

Presentación en Ourense de UN LONGO E TORTUOSO CAMIÑO

Xosé Ramón Quintana Garrido presenta a obra que lle valeu o Premio Ramón Piñeiro 2008, 'Un longo e tortuoso camiño', un ensaio sobre o nacionalismo galego centrado no básico na historia do BNG dende o ano 1971 ata os nosos días. Estará acompañado por Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e Luís Domínguez, profesor […]

As librerías: moito máis que tendas

Con verdadeira consternación recibimos a nova do peche da histórica librería pontevedresa Michelena. Probablemente, unha das librerías de fondo máis importantes do país que, coa súa desaparición nos deixa a todos, vivamos ou non na cidade do Teucro, un chisco orfos de palabras e de libros. O peche dunha librería é sempre unha moi mala […]