Paula Carballeira está nominada ao Premio Memorial Astrid Lindgren

A escritora, intérprete e contacontos Paula Carballeira está nominada ao prestixioso Premio Memorial Astrid Lindgren, convocado polo Swedish Arts Council. Todo un recoñecemento a unha carreira brillante que pon de manifesto a gran calidade das nosas letras, dentro e fóra do país. O Premio Memorial Astrid Lindgren sinala na súa lista de nominados 282 nomes, pertencentes […]
Hoxe celebramos o Día das Bibliotecas

Hoxe, 24 de outubro, é o Día das Bibliotecas, unha data que celebra a importancia do labor que levan a cabo estes espazos, tesoureiros da cultura e das letras. Templos da lectura, que defenden e acubillan as palabras, achegándoas a nenas, nenos, e maiores. Organismos cómplices, encárganse de manter e crear a novas lectoras e […]
Un libro para que os pequenxs entendan a morte

A Editorial Galaxia publica, no seu catálogo Chora, corazón, pero endexamais raches, de Glenn Ringtved. Un libro adobiado coas ilustracións de Charlotte Pardi, que prepara ás lectoras e lectores máis miudos para afrontar as dificultades da perda dos seus seres queridos. O traballo de tradución de Dragana Djordjevic achega ao público o conmovedor relato de […]
Arancha Nogueira gaña o XIII Premio de Poesía Victoriano Taibo

Arancha Nogueira gaña o XIII Premio de Poesía Victoriano Taibo con Antese. Reunido o xurado do XIII Premio de Poesía Victoriano Taibo, que convoca o Instituto de Estudos Miñoranos en colaboración co Concello de Gondomar e Editorial Galaxia, formado polas escritoras Úrsula Heinze e Eva Mejuto, e os escritores Carlos Lema, en nome de Editorial Galaxia, […]
“Memorias dun neno labrego” será traducido ao inglés por Small Stations Press

Memorias dun neno labrego, a obra mestra de Xosé Neira Vilas, que este 2021 cumpriu 60 anos desde a súa publicación en Bos Aires, será traducido ao inglés pola editorial Small Stations Press. Baixo o título de Memoirs of a Village Boy, en tradución de John Rutherford, profesor da Universidade de Oxford e fundador do primeiro […]
Hoxe celebramos o Día das Escritoras

Hoxe é o Día das Escritoras, unha conmemoración internacional que busca recuperar o legado das autoras e facer visible o seu traballo. Está é uha celebración que loita por visibilizar o papel das autoras no ámbito da literatura e combater a discriminación histórica. A literatura escrita por mulleres pon, en moitas ocasións, o foco nas […]
Xesús Fraga gaña o Premio Nacional de Narrativa 2021 con “Virtudes (e misterios)”

Acabamos de saber que Xesús Fraga vén de gañar o Premio Nacional de Narrativa 2021 pola súa obra Virtudes (e misterios). Unha gran noticia e un galardón máis que se suma ao libro gañador do Premio Blanco Amor 2019. Este premio, concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte, está dotado con 20.000 euros. O xurado […]
Convócase o Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2022

A Editorial Galaxia convoca a sexta edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2022 para autores e autoras menores de 35 anos co obxectivo de estimular a creación. En 1957 a Editorial Galaxia botou a andar a colección Illa Nova, coa que pretendían dar continuidade ao proxecto da editora a través das novas xeracións, sempre con vontade de […]