Presentación de “Aura 1964”, no Club Faro de Vigo

O venres 5 de novembro, celebrarase, ás 20 h, no MARCO, en Vigo, a presentación de Aura 1964, de Ignacio Vilar, organizada polo Club Faro. Acompañando o autor, estarán o profesor titular na Facultade de Filoloxía e Tradución da Uvigo, Manuel Forcadela; e a psicoanalista e membro da Asociación Psicoanalítica de Galicia, Camila Vidal Gutiérrez. […]

Os Premios da Cultura Galega recoñecen a traxectoria de Bernardino Graña

O escritor Bernardino Graña (Cangas do Morrazo, 1932) é a personalidade distinguida na categoría de Letras dos Premios da Cultura Galega 2021. O xurado, reunido esta mañá, recoñece a traxectoria do escritor. Os galardóns tamén premiaron nas demais categorías a Antón Pulido, Nova Galega de Danza, Natalia Lamas, Zaza Ceballos, ‘Dígocho eu’, o Mosteiro de […]

“As receitas de Xiana”, para lamber os dedos!

Na Editorial Galaxia publicamos As receitas de Xiana, un fabuloso libro de cociña, de Xiana Pérez. Nel amosa receitas sinxelas e saborosas para que todas as persoas que non cociñen se animen e as que xa o fan atopen ideas novas. A autora fixo unha escolma de receitas sinxelas, que abranguen pratos con ingredientes tradicionais, ata […]

Xa está aquí o noso Samaín…

Esta fin de semana celebramos o Samaín, unha das noites máis especiais do ano, ateigada de misterios, lendas e historias. Unha festividade cargada de personalidade propia na que a maxia é a protagonista. Nestas datas nas que as escolas, as casas e escaparates se enchen de calacús e de arañeiras, recomendamos a lectura do álbum O […]

A nova diáspora galega contada por mulleres

María Alonso Alonso publica, na colección Hoxeéhoxe de Editorial Galaxia, Migrantas. A nova diáspora galega contada por mulleres. Un libro que recolle as experiencias de todas aquelas que marcharon forzadas por unha crise, ou crises, que nada teñen que ver con elas. Aida Alonso Iglesias (Estados Unidos), Ana González Chouciño (Edimburgo), Sara Estévez Fernández (Berlín), […]

Hoxe presentamos “Libres e vivas”, en Lugo

Hoxe celebrouse, ás 11:00 h, no Auditorio Municipal “Gustavo Freire” de Lugo, a presentación do libro colectivo Libres e vivas, ante o alumnado de 4 da ESO e 1º de B.A.C de catro institutos da cidade lucense. No acto, participaron a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; a Concelleira de Muller e Igualdade, Silvia Alonso; Francisco […]

Para entender quen somos

Hai uns días, anunciaban na prensa que o libro gañador do Premio Blanco Amor 2019, Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga, vén de sumar un galardón máis á súa traxectoria, o Premio Nacional de Narrativa. Un prestixioso recoñecemento que pon en valor a gran calidade da nosa literatura máis aló das fronteiras xeográficas e lingüísticas. […]