Hoxe en Vigo, presentación de NÓMADES

Este mércores, Xosé Tomás presenta a novela gráfica 'Nómades' no Centro de Recursos Feministas de Vigo, no segundo andar da Biblioteca Municipal. Estará acompañado polo editor, Francisco Castro. 'Nómades' é unha novela gráfica artellada sobre breves pero reveladores episodios que teñen como fío condutor a emigración e como protagonistas a mulleres de diferentes idades e […]
Antón Riveiro Coello en Gondomar

Será hoxe xoves, ás 20:00 h, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (sede do IEM), na Avda. da Feira, 10 baixo, de Gondomar. Esta presentación da última novela de Antón Riveiro Coello encádrase no ciclo de actividades Mulleres na Historia organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos en colaboración coa Asociación de Mulleres do Val […]
Presentamos NÓMADES en Vigo

Onte, no Centro de Recursos Feministas de Vigo presentouse 'Nomades', a novela gráfica de Xosé Tomás. No acto o autor estivo acompañado polo editor Francisco Castro. A historia, que inaugura a colección de Novela Gráfica da nosa editorial, foi debullada polo seu autor durante o animado coloquio posterior co público asistente. Xosé Tomás explicou, entre […]
Mañá en Santiago presentamos 'Globalización e imperialismo cultural'

Será mañá martes, ás 20 h, na librería Couceiro de Compostela, e ademais de Manuel Outeiriño, van intervir Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, e Antón Figueroa, catedrático de Literatura Francesa na Facultade de Filoloxía da USC. No libro participan algúns dos ensaístas de maior prestixio internacional verbo do fenómeno da globalización: Martin Albrow, […]
Publicamos o primeiro libro infantil con pictogramas en galego

Hoxe, 2 de abril conmemórase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Segundo estudos epidemiolóxicos da Organización Mundial do Autismo, 1 de cada 150 nenas e nenos en idade escolar poderían presentar un Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), polo que a detección temperá debe ser unha prioridade na intervención e orientación dos TEA, […]
Presentouse UN SOÑO NA BANDEXA con pictogramas

O pasado luns presentamos no Auditorio do Museo de Arte Contemporánea de Vigo, 'Un soño na bandexa' de Mariné Lorenzo Corcoba, nunha nova edición con pictogramas e que elaboramos en colaboración coa Fundación Menela, e pensada para que tamén poidan gozar da lectura, en galego, os afectados polo Transtorno do Espectro do Autismo. No acto, […]
Formas esféricas

INGREDIENTES PARA 4 PERSOAS – 6 ou 7 patacas grandes da Limia. – 8 ovos da casa. – 1 cebola. – aceite de oliva. – sal. Popular, democrática, amigábel, oportuna, festiva… a tortilla de patacas non adoita figurar na carta de pratos dos restaurantes de elite nin integrar a poética dos creadores de alta cociña. […]
O señorito da Reboraina

Foi Xosé Luís Méndez Ferrín, actual director da Real Academia Galega, quen definiu esta obra de Ramón Otero Pedrayo como "unha obra mestra da novelística galega en termos absolutos". Nesta novela, editada orixinalmente no ano 1960, Ramón Otero Pedrayo céntrase na figura de Xoán Manuel Pereira, un dos grandes revolucionarios liberais e progresistas da Galicia […]