Presentación de O SOLDADIÑO DE CHUMBO

Dentro dos actos do SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL de Pontevedra, no que a nosa editorial ten unha importante presenza, presentaremos mañá, ás 20 horas, a obra de Andersen, que inaugurou a colección Árborecinema, 'O soldadiño de chumbo'. A obra está editada canda o DVD producido por Algarabía e Continental, do mesmo título e […]

Xa en librerías DIARIO DE INVERNO, de Auster

Dende o día 1 de febreiro pódese atopar nas librerías Diario de inverno, de Paul Auster, na súa edición en galego. Publícase ao mesmo tempo ca a edición en castelán e antes de que o libro saia en inglés. Lánzase tamén a edición dixital, que se pode mercar aquí. A nova novela do autor de […]

Presentación de 2044, de Eduardo Santiago, en Vigo

Mañá martes, ás 20 horas, o escritor Eduardo Santiago presentará a súa novela, publicada na colección Costa Oeste, '2044', acompañado polo escritor e editor Francisco Castro. No libro, preséntasenos unha interesantísima obra de ficción científica que nace dunhas preguntas certamente intrigantes: ¿Qué pasaría se un videoxogo se convertese en real? ¿Qué pasaría se todos tivesemos […]

Cunqueiro, Príncipe das Letras

O acto contou coa participación de Víctor F. Freixanes, codirector da revista, Dolores Vilavedra, coordinadora do número, Manuel Forcadela, profesor de Filoloxía, e César Cunqueiro. O ano Álvaro Cunqueiro cérrase con este número de GRIAL (192) dedicado ao autor de Mondoñedo. Cérrase ou ábrese, segundo queiramos velo, pois o pasado 22 de decembro cumpríronse cen […]

Despois de ti, a chuvia

Neste novo libro-disco, Xosé Carlos Caneiro, axudado pola voz de Emilio Rúa, agasállanos cunha viaxe poética moi singular. Nas súas propias palabras, tiradas do prólogo do libro, cóntanos: Quería cambiar o mundo: velaquí a razón da miña poesía. O mundo concreto e sensible, cercano: aquel que doía, levantaba, acariñaba ou cuspía. Quería cambiar o mundo, […]

Petando nas portas de Dylan

Estes días chega ás librerías unha nova edición do libro de poemas de Antonio García Teijeiro, 'Petando nas portas de Dylan'. Coñecida é a devoción do poeta vigués polo músico norteamericano. Como coñecida é a importancia da música pop e rock na súa produción, tantas veces bebendo nesas notas e nesas letras. Agora, e coas […]

Onde mercan os Larpeiros

Os moitos seguidores de Larpeiros, eses milleiros de persoas que nas cociñas das súas casas seguen paso a paso as receitas que Benigno Campos lles fornece nos seus libros, teñen agora a oportunidade de achegarse, con este Onde mercan os Larpeiros ás máis excelentes galdrumadas da nosa terra. Tomás Alonso e Víctor López, os autores, […]

Para lembrar o Holocausto

Hoxe, 27 de xaneiro, é o día designado pola ONU para lembrar o Holocausto, é dicir, o xenocidio do pobo xudeu cometido polos nazis durante a Segunda Guerra Mundial. É moita a literatura que se ocupou de lembrar eses feitos, ben contando historias reais, ben ficcionando unha realidade salvaxe que non debe volver repetirse. No […]