Carlos G. Reigosa, premio Fernández del Riego de xornalismo

José Manuel Otero Lastres foi galardoado co Premio Julio Camba de Xornalismo na súa trixésima terceira edición polo seu artigo "A sensación de ser como os demais", publicado o 27 de marzo do pasado ano en La Voz de Galicia. Pola súa banda, Carlos G. Reigosa obtivo o premio Fernández del Riego na súa novena […]

Inma López Silva presenta TINTA en Vigo

A escritora Inma López Silva presenta o seu novo libro de relatos, 'Tinta'. Estará acompañada polo director literario de Galaxia, Carlos Lema e o profesor Xesús Alonso Montero. Estamos diante dun libro de relatos nos que agroma a semente dalgunha novela xa publicada a carón do paseo, páxina a páxina, de criminais encantadores, soñadoras de […]

Carta a Antón Beiras

A profesora Antía Cal Vázquez (A Habana, 1923), a quen a Fundación Otero Pedrayo outorgou este ano o Premio Trasalba, fixo unha vibrante intervención na casa grande de Cimadevila, diante de case cincocentas persoas, arredor da memoria do seu home, o médico galeguista Antón Beiras García (1916-1968), e do compromiso (hoxe máis necesario ca nunca) […]

Este sábado comeza o Outlet do Libro Galego en Pontevedra

Un completísimo programa que podes descargar na ligazón á dereita destas liñas, conforma segundo Outlet do Libro Galego que terá lugar entre o 21 e o 29 de xullo en Pontevedra, contando coa colaboración do Concello e de dúas librerías da cidade. A iniciativa encrávase dentro da estratexia de promoción e visibilidade dos libros galegos, […]

Éxito arrollador de DÚAS LETRAS en Compostela

O martes, no Salón Teatro de Compostela vivimos unha emocionante xornada que rematou co público posto en pé ovacionando o traballo de Eloy Varela e Fina Casalderrey, director e guionista de 'Dúas Letras' e de Teresa Fraga, protagonista da fita, quen cativou coa súa interpretación a unha audiencia que encheu a sala para asistir, ademais […]

Xosé Neira Vilas inaugura a Feira do Libro de Vigo

Este venres comeza a Feira do Libro de Vigo, no que a nosa editorial vai ter un protagonismo moi especial, comezando polo pregoeiro, Xosé Neira Vilas, quen, ademais, asinará as súas obras a partir das 20.30, é dicir, xusto despois da lectura do pregón inaugural. Estamos certos de que as verbas do autor de Gres, […]

"En Galaxia somos moito máis que unha editorial"

Hoxe, o xornal Faro de Vigo ocupa unha páxina enteira cunha entrevista en profundidade con Benxamín Casal, recentemente nomeado Presidente de Galaxia e Merlín Comunicación no último Consello de Administración de ambas as empresas celebraron o pasado venres. Na conversa, o Presidente de Galaxia pasa revista á situación da empresa editora ao tempo que sinala […]

"No seu conxunto, a biblioteca Penzol é un tesouro"

Onte traiamos a esta nosa web a entrevista que publicaba o Faro de Vigo con Benxamín Casal, nomeado no Consello de Administración de Galaxia da semana pasada, Presidente da Editorial Galaxia e de Merlín Comunicación. Hoxe, o rotativo vigués dedícalle outra páxina a unha conversa con Alfonso Zulueta de Haz quen vén de asumir, despois […]