Presentación de “A historia do cómic en Galicia”, de Octavio Beares, en Vigo

O venres 17 de decembro, celebrarase, ás 20 h, na libraría Cartabón de Vigo, a presentación de A historia do cómic en Galicia, de Octavio Beares. Acompañando o autor, estará a actriz Neves Rodríguez. Octavio Beares escribe A historia do cómic en Galicia, un estudo detallado sobre as orixes, a evolución e o presente deste […]

Sara Vila Alonso debuta coa súa primeira novela “Oito días sen Eva Cortes”

A gañadora da quinta edición do Premio Illa Nova de Narrativa para menores de 35 anos convocado pola Editorial Galaxia, en colaboración co Ámbito Cultural de El Corte Inglés, Sara Vila Alonso debuta coa súa primeira novela Oito días sen Eva Cortes. “Penso que os segredos teñen caducidade. Non existen, porque antes ou despois acaban […]

Galaxia culmina a publicación dos tres libros de Seixas Seoane sobre Castelao

Miguel Anxo Seixas Seoane asina o terceiro e derrairo tomo dunha biografía monumental, concibida case como un diario da vida cotiá de Castelao cos fitos da súa cronoloxía persoal e pública narrados a carón da actualidade da época. Chega a todas as librarías Castelao. Construtor da nación. Tomo III. 1940-1950, publicado coa colaboración do Consorcio de […]

Sinatura con Domingo Villar, na Casa do Libro de Vigo

O martes 14 de decembro, celebrarase, ás 18:30 h, na Casa do Libro de Vigo, unha sinatura con Domingo Villar arredor do seu novo libro, Algúns contos completos, que contén linogravados de Carlos Baonza. Este libro é un tributo á vida e á amizade, unha obra na que non hai espazo para a tristeza. O propio Villar […]

Onte celebrouse o derradeiro obradoiro, da Escola de Letras, con Elvira Ribeiro Tobío

Onte celebrouse a derradeira sesión do Obradoiro de Poesía, da Escola de Letras, da Deputación Pontevedra e a Editorial Galaxia con Elvira Ribeiro Tobío, na sede provincial da Deputación. Baixo o título de “Poesía potente”,  Ribeiro impartiu o seu obradoiro, que estivo baseado en exercicios prácticos para o alumnado. A través da literatura formalista, a docente […]

José G. Barral Sánchez gaña a II edición do premio de novela Camiño de Santiago

A segunda edición do premio de novela Camiño de Santiago, convocado pola Academia Xacobea coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia, e o patrocinio de Aluminios Cortizo, xa ten gañador. Despois de analizar a decena de obras presentadas, o xurado decidiu conceder o galardón a “Cruzados polo Camiño. Conxecturas compostelás sobre […]

Onte inauguramos o Obradoiro de Poesía, da Escola de Letras, con Elvira Ribeiro Tobío

Onte inauguramos o derradeiro obradoiro desta segunda edición da Escola de Letras, coa poeta e docente Elvira Ribeiro Tobío, en Pontevedra. Acompañando a Ribiero e ao alumnado, asistiron Victoria Alonso, deputada de Cultura, Paula Cabaleiro, directora de Cultura da Deputación de Pontevedra, e Carlos Lema, director de edicións de Editorial Galaxia. Remata o ano e […]

Galaxia publica o último libro de Carlos Callón: “A abertura da boca”

Acaba de chegar ás librarías este poemario “sobre a fraxilidade”, “porque cómpre falarmos das nosas fraxilidades para podermos seguir adiante”. Carlos Callón: “Abrir a boca salvoume”. Esta semana chegou ás librarías o último poemario de Carlos Callón, A abertura da boca, co cal o autor sente que “fecha unha etapa”, tras os volumes Atravesar o […]