O xoves inauguramos o Obradoiro de Poesía, da EDL, con Elvira Ribeiro Tobío

O xoves 2 de decembro inauguramos o derradeiro obradoiro desta segunda edición da Escola de Letras, da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, en Pontevedra. A poeta e docente Elvira Ribeiro Tobío, que este ano debuta como parte do profesorado da Escola, será a encargada de pechar esta edición co Obradoiro de Poesía, que […]

Xosé A. Neira Cruz gaña o IV Premio Carlos Mosteiro

Reunido nas dependencias municipais da Pobra do Caramiñal esta mesma mañá, un xurado composto Marta Neira Rodríguez, experta en Literatura Infantil e Xuvenil (LIX),  a escritora Loretta Birott Bermejo, e Francisco Castro, escritor e director xeral de Editorial Galaxia, decidiu por unanimidade declarar gañadora do IV Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro a obra Por […]

Dombate chega ao número 100

Co poemario A herdade, de César Souto, a colección Dombate, iniciada en 1980 coa obra Estacións ao mar, de Xohana Torres, chega aos cen títulos. Pódense sinalar tres períodos no desenvolvemento da colección. De 1980 a 2002, anos nos que Dombate publicou trinta e tres títulos de autores consagrados xunta poetas novos; de 2002 a […]

A Editorial Galaxia estará no Culturgal 2021

A Editorial Galaxia estará un ano máis na décimo cuarta edición de Culturgal, que baixo o lema A cultura que toca, celebrarase do 26 ao 28 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Galaxia estará no Espazo Libro, o paraíso para as amantes do libro e da lectura, anunciando as súas últimas novidades, premios […]

Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e das Nenas

Hoxe celebramos o Día internacional dos Dereitor dos Nenos e das Nenas, unha data dedicada a toda a cativada do mundo. Este día celebra os avances acadados, pero sobre todo é un día para dar a coñecer os dereitos na infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo benestar e […]

A Editorial Galaxia recupera tres novidades de Xosé Neira Vilas

Pertencentes á colección Biblioteca Neira Vilas e Árbore, estas novidades, que contan co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, achegan ás lectoras e lectores ao orixinal universo literario do autor de Gres. Xosé Neira Vilas é sen dúbida un dos escritores máis sobranceiros do noso […]

Catro álbumes para gozar da lectura

Na colección Álbum de editorial Galaxia publicamos catro novidades ben fermosas e orixinais, para que a cativada poida desfrutar e soñar lendo novas historias. Libros que xa están en todas as librarías de Galicia agardando ser escollidos como favoritos por cativos e maiores. Que pasaría se mesturamos queixos e o universo? Unha fusión curiosa que […]

No pasamento de Darío Xohán Cabana

Esta noite deixounos Darío Xohán Cabana, membro da RAG, escritor, tradutor e unha das persoas máis relevantes da cultura galega das últimas décadas. Aínda hai uns días saía do prelo a súa tradución derradeira na Editorial Galaxia, Xácome o fatalista que publicamos na nosa colección Literaria. Poeta delicado, coñeceu o favor do público coa súa novela […]