Esta noite recibiremos a visita dos Reis Magos

Nesta noite máxica, na que todo é posible, recibiremos a visita dos Reis Magos de Oriente. As súas maxestades, despois de ler con moita atención todas e cada unha das cartas recibidas, visitará todos os fogares depositando agasallos, cheos de agarimo, para a cativada, que foi tan boa e responsable durante estes tempos. Mañá, as […]
Galaxia reedita obra de Florencio Delgado Gurriarán

A Editorial Galaxia anunciou para o primeiro trimestre deste ano unha serie de novidades e títulos moi diversos, unha parte deles marcados polo homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, Florencio Delgado Gurriarán. Del reeditarán as obras Bebedeira, Galicia infinda ou O soño do guieiro. Tamén, para esta ocasión, quixeron afondar no coñecemento deste […]
A Editorial Galaxia adianta as súas novidades

No primeiro trimestre deste ano, a Editorial Galaxia publicará un mollo de títulos moi diversos entre os que podemos destacar os seguintes: Xesús Rábade Paredes publicará as súas memorias baixo o título A luz co tempo de dentro. Sendo este ano Florencio Delgado Gurriarán o homenaxeado nas Letras Galegas, publicaranse títulos da súa autoría como […]
Feliz 2022

Dende a Editorial Galaxia desexámosvos o mellor para o 2022. Esperamos que sexa un ano cheo de saúde, soños cumpridos e moita lectura. Os mellores desexos para este novo comezo. Grazas por acompañarnos e compartir esta fermosa travesía das letras.
Presentación de “Illote P, Barraca 16”, en Redondela

O xoves 23 de decembro, celebrarase, ás 19 h, na sala de exposicións do Multiusos de Redondela, a presentación do libro Illote P, Barraca 16, de Santiago Rodríguez Salinas. No acto estarán o actor Tatán Cunha, fillo do autor do libro, Raúl Francés, a escritora e xornalista Montse Fajardo, o actor Roberto Leal, e Tati […]
María do Cebreiro gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2021

A obra Maternidades virtuosas, de María do Cebreiro Rábade Villar, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2021, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia co patrocinio de Caixa Rural Galega. A xuntanza do xurado realizouse hoxe, día 21 de decembro de 2021, ás 11 […]
“O idioma galego baixo o franquismo”: a política lingüística da ditadura, a análise

Publicada na colección Manuais da Editorial Galaxia, O idioma galego baixo o franquismo. Da resistencia á normalización, de Henrique Monteagudo, nace como a continuación da Historia social da lingua galega. Nela, o autor ofrece unha aproximación de conxunto ao período franquista. Analízase a política lingüística represiva da ditadura, consistente na imposición coactiva do castelán e na […]
Hoxe celébrase o Día da Edición

Hoxe, 17 de decembro, celébrase o Día da Edición, unha data que honra o labor que exercen os profesionais do mundo editorial, en favor do coidado e a revisión dos traballos creativos, axudando e acompañando ás escritoras e escritores no seu proceso. Este é o momento final do nacemento dun libro. É a última instancia, […]