CONTOS PARA IR DURMIR

Este martes, ás 20:00 h, terá lugar na librería Andel (rúa Pintor Lugrís, 10) de Vigo a presentación do debut literario de Roi Méndez, Contos para ir durmir, publicado na colección Árbore de Galaxia. Estará acompañado neste acto polo editor, Francisco Castro. É un libro de contos para ler a calquera hora. Tamén para ir […]

Entrega do premio Rosa dos Ventos a Víctor F. Freixanes

"As culturas sostéñense sobre o capital humano, sobre a intelixencia, sobre os homes e mulleres que son capaces de soñar o futuro", asegurou o xoves o director xeral da Editorial Galaxia, Víctor Fernández Freixanes, ao recibir de mans dos alumnos do Instituto Santiago Apóstol o premio Rosa dos Ventos. Na cerimonia engadiu que ese rapaces […]

Manuel Núñez Singala, premio Frei Martín Sarmiento

Esta mañá de martes fallouse, na Festa da Lingua, no Pazo de Congresos de Pontevedra, unha nova edición do Premio Frei Martín Sarmiento que recoñece, a xuízo de varios milleiros de alumnos e alumnas participantes no proceso de selección, lectura e valoración, as obras mellores do ano pasado. O gañador, na categoría de mellor obra […]

Presentación de CONTOS DA TERRA DA TARDE en Boiro

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Editorial Galaxia e o Concello de Boiro convidan á saída do número 74 do suplemento cultural 'A Voz de Barbantia', así como á presentación do libro 'Contos da terra da tarde', de Bieito Iglesias. O acto terá lugar mañá venres 27 de abril, ás 20:30 h., no […]

Neira Vilas presentou 'Esperando o leiteiro'

Xosé Neira Vilas presentou onte na biblioteca que leva o seu nome, en Vigo, a súa nova novela (que publicamos ao mesmo tempo en formato eBook), 'Esperando o leiteiro'. No acto participou a actriz Uxía Blanco lendo algúns fragemntos da obra. Tamén interviron, canda o autor, a concelleira de Cultura e Festas de Vigo, Isaura […]

Faleceu Xaime Isla Couto

(foto de Xurxo Lobato) Hai poucas horas faleceu en Vigo o ensaísta, avogado, economista, animador cultural e político do galeguismo Xaime Isla Couto (Santiago de Compostela, 1915-Vigo, 2012). Era Presidente de Honra de Editorial Galaxia S. A. e cofundador da editora en 1950. Tamén era director de Honra da revista Grial. Editorial Galaxia constituíuse en […]

A lingua e a edición galega coas novas tecnoloxías

Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, é un dos editores invitados á mesa de debate inaugural da Feira Profesional do Libro de Buenos Aires, que se inaugurou onte na capital arxentina. É a primeira vez que un editor galego é invitado como tal a participar neste evento internacional, un dos grandes encontros de profesionais […]

Grande éxito do I Outlet do Libro Galego de Ocasión de Allariz

O libro galego de ocasión conta xa cunha experiencia de éxito grazas á colaboración do Concello de Allariz, a Librería Airas das Letras e aos editores galegos. A fin de semana pechouse cunha notable asistencia de público maioritariamente familiar. Puxéronse á venda 648 títulos dos máis diversos xéneros a prezos exclusivos para esta tenda outlet, […]