Presentación en Madrid de O CASO MÁIS ESTRAÑO DO DETECTIVE MARSCHEN

Este xoves, o profesor e escritor Xavier Frías Conde presentará na Tenda Aturuxo Galega de Madrid, acompañado do editor do libro Francisco Castro, o seu novo libro, publicado na Colección Árbore 12 anos, 'O caso máis estraño do detective Marschen', un libro que non conta unha historia, senón moitas historias. Algunhas fantásticas e outras non […]

Presentación de A VACA CANÍBAL en Santiago

Este mércores, a escritora Marilar Aleixandre presenta o seu novo libro, "A vaca caníbal", publicado na colección Árbore de Galaxia. A autora estará acompañada polo profesor e académica Xesús Ferro Ruibal e o editor do libro, o tamén escritor Francisco Castro. A literatura serve para moitas cousas. Tamén para que as vacas poidan reflexionar, contar […]

Fin de semana con 'O señor das Dunas'

Co cambio de ano reinicia a súa actividade FalaRedes, o programa de dinamización da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística na que colabora, entre outras empresas culturais, a Editorial Galaxia. FalaRedes lévase adiante en máis de 90 entidades locais e consta dun mollo de actividades diferentes. Entre outras, ‘O señor […]

Presentación en Ferrol de "Verde oliva"

Un escritor pulmón. Un narrador de estirpe. Un auténtico levantador de historias. Así describiu a Alcalá o crítico Vicente Araguas nun texto que enviou para que se lese no acto, xa que non puido estar presente no mesmo. Un entusiasta grupo de lectores amigos acompañaron ao autor e aos presentadores na sala Sargadelos. Xavier Alcalá […]

Presentación de VERDE OLIVA en Ferrol

O escritor Xavier Alcalá presentará a súa nova novela, "Verde Oliva", acompañado do tamén escritor e director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes e polo poeta Alfredo Ferreiro, quen manterá unha conversa co autor. Da novela, recentemente traducida ao castelán, ofrecimos en aberto o primeiro capítulo, para a súa lectura de balde, cousa que podes […]

'A forma das nubes', libro do mes

Como vimos facendo dende hai moitos meses, dende a web da Editorial Galaxia e coa idea de contribuir ao espallamento da nosa literatura máis actual, ofrecemos de balde algunhas páxinas dalgún dos libros máis sobranceiros de entre as nosas novidades. E, desta volta, quen acceda á web de Galaxia (http://www.editorialgalaxia.com) poderá descargarse totalmente de balde […]