Hoxe, Francisco Fernández del Riego cumpriría cen anos

No 2012, a Editorial Galaxia abriu un espazo web como homenaxe a Carlos Casares co gallo dos dez anos do seu pasamento. Desta volta,hoxe 7 de xaneiro, a editorial vai homenaxear a un dos seus fundadores, Francisco Fernández del Riego, coa apertura dun blog ao que se accederá dende a web de Galaxia (http://www.editorialgalaxia.com) e […]

Novas incorporacións á Fundación Penzol

A Fundación Penzol, inciativa do bibliófilo galeguista Fermín Penzol Labandeira (1901-1981) está a piques de cumprir 50 anos de existencia. Para a conmemoración deste acontecemento preparamos unha serie de actividades que iremos presentando ao longo dos próximos meses. Na última xuntanza da Fundación incorporáronse novas persoas ao Padroado: María Dolores Villanueva, Carmen Pérez Pais, Manuel […]

Concerto de Mamá Cabra en Ribeira

Os Reis Magos xa están aí, chamando ás portas e de seguro que virán cheíños de libros en galego para agasallar aos nenos e nenas que se portan ben, ou sexa, a todos e todas. E para esperar por eles como é debido, Mamá Cabra actuará este venres, no Auditorio Municipal ás 19 horas, para […]

Feliz 2013

Rematado o Ano Casares, dez anos despois do seu pasamento, a nosa tarxeta de felicitación de aninovo tiña que estar protagonizada por el, que ademais de escritor, foi director moitos anos da Editorial Galaxia. Rematemos ben o ano, convencidos de que o 2013 vai ser inesquecible, por bo. Loitaremos para que sexa así.

Concerto de MARÍA FUMAÇA en Cangas

María Fumaça estará no Auditorio de Cangas o sábado 29 de decembro, ás 18,00 horas. María Fumaça é unha locomotora moi especial que percorre as nosas paisaxes espallando boa música, ilusión e alegría ao su paso. María Fumaça nace como unha idea de Uxía Senlle para agasallar a Ruí, o seu afillado, un neno marabilloso […]

A mosca da tele voou sobre Ribeira

O pasado mércores, nun acto divertidísimo no que non faltaron as palabras sabias e retranqueiras de Quico Cadaval nin a música traída dunha recente viaxe polo Perú de Tonhito de Poi, a escritora María Solar, acompañada do editor do libro, Francisco Castro, presentou no Ateneo Valle Inclán de Ribeira o seu libro 'A verdadeira historia […]

Concerto de MARÍA FUMAÇA en Vigo

Despois de parar o seu tren de alegría e música en Pontevedra e Santiago, a locomotora de María Fumaça chega este venres á cidade de Vigo. Será ás 18 horas no Auditorio Municipal cando Blanqui Francés, Uxía, "a marabillosa banda do cuartel" (Paqui, Fon, Varo e Olih), Chary, Iria e a súa mamá, Manuel Sío, […]

Concertos de Mamá Cabra e María Fumaça

Como xa informamos hai días, a Editorial Galaxia organiza unha serie de concertos de música infantil protagonizados por dous grupos musicais que recentemente publicaron libro-disco-dvd na nosa editorial. Referímonos a Mamá Cabra, que ven de presentar o seu terceiro traballo en Galaxia, 'Bicos de Música' e, por outra banda, María Fumaça, orixinal familia musical que […]