Un inicio de ano cheo de novidades

Este vai ser un comezo de ano cheo de novidades interesantes na nosa editorial. Un 2013 que vai ter en Rosalía de Castro, e os 150 anos do seu 'Cantares Gallegos', unha protagonista destacada. Verémolo ben cedo, cando publiquemos a biografía da autora de Padrón preparada por María Xesús Lama. Canda Rosalía, o outro gran […]

Presentación do GRIAL 196 CARLOS CASARES NUN PAÍS DE PALABRAS

No acto participarán Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia e codirector de GRIAL, o tamén codirector Henrique Monteagudo, Dolores Vilavedra, profesora e crítica literaria e Hakan Casares. Foi director de GRIAL entre 1989 e 2002. Foi director xeral de Galaxia. Compañeiro e amigo. Mais tamén unha […]

Os máis vendidos de 2012

O ano 2013 xa navega con toda a forza dun temporal que, coma o de hoxe, pasa a súa vasoira de vento por toda Galicia. Por iso é tempo de pechar o anterior de todo anunciando as principais novidades que sairán do noso prelo, como fixemos onte, e recapitular cales foron os máis lidos do […]

Encontro con Xosé Neira Vilas en Pontevedra

Despois da conversa do mes pasado con Emilio Pérez Touriño, dende Onda Cero Pontevedra continúan con esta singular actividade que, desta volta, trae como protagonista ao autor do libro máis traducido da literatura galega, as 'Memorias dun neno labrego' de Xosé Neira Vilas. Como na anterior ocasión, a xornalista Susana Pedreira faralle unha entrevista na […]

O PRINCIPIÑO chega ás 20 edicións en galego

Estes días chega ás librerías de todo o país unha nova edición en galego do clásico da literatura mundial, 'O Principiño', obra de Antoine de Saint-Exùpery e que foi publicada por vez primeira en Galaxia, en tradución de Carlos Casares, no ano 1972. Poucos libros no mundo chegan a coñecer vinte edicións. Pódese afirmar, xa […]

#gustameoprincipiñopor

Onte informabamos de que viña de sair do prelo a viséxima edición en galego de 'O Principiño', obra que na editorial Galaxia publicamos no ano 1972 en tradución de Carlos Casares. Co gallo deste acontecemento a Editorial Galaxia bota a andar un concurso en twitter que pretende animar aos internautas, a través desa rede social, […]

Comezan os actos arredor do concurso INSPIRACIENCIA

Por segundo ano consecutivo, Editorial Galaxia participa na organización e desenvolvemento de INSPIRACIENCIA, un concurso de relatos de inspiración científica que é, ao tempo, unha invitación a todos a pensar e imaxinar a ciencia, a través da escritura. Poderá participar calquera persoa que presente un relato orixinal que estea inspirado nunha temática científica, sexa cal […]

Agustín Fernández Paz xa é Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo

O de onte foi un día fermoso para Agustín Fernández Paz, para a Universidade de Vigo e para a Literatura Infantil e Xuvenil Galega. Pasados uns minutos do mediodía, o autor de Vilalba era admitido entre os claustrais, na compaña do outro doutorando, o químico Julio Casado para que dese comezo a cerimonia que os […]