125 aniversario de Otero Pedrayo

Na Casa Grande de Cima de Vila, en Trasalba, reuniranse un total de 125 rapazas e rapaces. Estudantes do CEIP Mestre Vide de Ourense, do CEIP Ramón Otero Pedrayo de Amoeiro e do IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa. As pequenas e pequenos, con idades comprendidas entre os 10 e os 12 anos, […]

Comezan os actos arredor do concurso INSPIRACIENCIA

Por segundo ano consecutivo, Editorial Galaxia participa na organización e desenvolvemento de INSPIRACIENCIA, un concurso de relatos de inspiración científica que é, ao tempo, unha invitación a todos a pensar e imaxinar a ciencia, a través da escritura. Poderá participar calquera persoa que presente un relato orixinal que estea inspirado nunha temática científica, sexa cal […]

Agustín Fernández Paz xa é Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo

O de onte foi un día fermoso para Agustín Fernández Paz, para a Universidade de Vigo e para a Literatura Infantil e Xuvenil Galega. Pasados uns minutos do mediodía, o autor de Vilalba era admitido entre os claustrais, na compaña do outro doutorando, o químico Julio Casado para que dese comezo a cerimonia que os […]

A terceira edición de María Fumaça xa bota lume por todo o país

A locomotora de música e alegría que é María Fumaça chegou xa á terceira edición en pouco máis de tres meses, sendo un dos libros galegos con máis forte acollida polo público dos últimos anos, manténdose, semana a semana, entre os máis vendidos do país case que dende o instante mesmo do seu lanzamento. Así, […]

Os camiños da vida

Estes días irá chegando ás librerías de todo o país o clásico de Ramón Otero Pedrayo, 'Os camiños da vida' que, dende o ano 1928, que viu a luz na mítica Editorial Nós, ata os nosos días, ven acompañando o devalar deste país xeración tras xeración. Coma sempre, mantemos o formato clásico da primeira colección […]

Presentación de 'Queer-emos un mundo novo', de Teresa Moure en BUEU

Organizado pola Asociación Cultural para o Debate Ricardo Gómez Buceta, este venres ás 20 horas, presentarase este libro de Teresa Moure na Sala Amalia Domínguez Búa de Bueu. "Queer-emos un mundo novo" pretende recoller a potencia subversiva da teoría "queer" para a aplicar ás categorías lingüísticas contemporáneas. "Queer" transcende calquera intento de redución, racha co […]

Xa dispoñible o facebook do Centenario Francisco Fernández del Riego

O 7 de xaneiro pasado, coincidindo cos cen anos que cumpriría Francisco Fernández del Riego, botamos a andar un blog específico que recolle traballos seus, opinións de quen o coñeceu, textos de investigación, reseñas bibliográficas e, en definitiva, todas aquelas referencias e novas relacionadas coa efeméride. Onte, botamos a andar na rede social do facebook […]

Sempre en Galiza

Saiu do prelo o venres pasado e irá anegando aos poucos, coa luz de sempre, o inmorrente ensaio de Castelao, sen dúbida o máis importante da historia da cultura galega, 'Sempre en Galiza', as librerías todas de Galicia. Un libro que é máis ca un libro. É un símbolo da cultura e dun país. Unha […]