A locomotora de música e alegría que é María Fumaça chegou xa á terceira edición en pouco máis de tres meses, sendo un dos libros galegos con máis forte acollida polo público dos últimos anos, manténdose, semana a semana, entre os máis vendidos do país case que dende o instante mesmo do seu lanzamento.
Así, quedan poucos nenos e nenas que non saiban como segue a canción cando alguén lles di "Fun ao mercado comprar café…"
Unha boa nova da que nos sentimos moi contentos na Editorial Galaxia, así como toda a familia María Fumaça, con Ruí á cabeza.