Convócase o II Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado

O Concello da Estrada, xunto coa Editorial Galaxia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convocan a segunda edición do Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado. Este premio concederase de acordo coas seguintes BASES: Primeira Poderán optar ao II Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado, que convoca o Concello da Estrada co apoio […]

Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na ciencia

Unha data que nos lembra que aínda queda moito por facer para acadar unha igualdade real en todos os eidos, especialmente, no da ciencia. A igualdade de xénero e o empoderamento son fundamentais para que as mulleres e as nenas, que serán as científicas do futuro, poidan contribuir decisivamente neste ámbito. Espazo no que aínda, […]

Galaxia publica a obra poética de Florencio Delgado Gurriarán

Bebedeira, Galicia infinda e O soño do guieiro, son os libros de poemas que publicou o autor e que agora Galaxia recupera co gallo de ser o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022. Este ano, Galicia réndelle homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán dedicándolle o Día das Letras Galegas 2022. Galaxia, contribúe nesta causa […]

Mañá comeza o Obradoiro, con Inma López Silva, da Escola de Letras, en Pontevedra

Onte presentamos o primeiro Obradoiro da terceira edición da Escola de Letras, da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, con Inma López Silva, en Vigo. Mañá, celebrarase na cidade de Pontevedra. A capital provincial será a encargada de acoller o segundo obradoiro desta edición da man dunha das escritoras máis destacadas do panorama actual. […]

Presentación de “Testemuño da Guerra Civil”, en Curtis

O mércores 9 de febreiro, celebrarase, ás 19 h, a presentación de Testemuño da Guerra Civil, de Isabel Ríos, no Restaurante Express de Curtis. No acto, estarán Manuel Calvelo, fillo da autora, o comunicador Antón Ferreiro, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Despois de fuxir de golpes militares en España, na Arxentina e […]

Presentación de “O idioma galego baixo o franquismo”, no MARCO de Vigo

O luns 7 de febreiro, celebrarase, ás 20 h, no MARCO de Vigo, a presentación de O idioma galego baixo o franquismo, de Henrique Monteagudo, organizada polo Club Faro. Acompañando o autor, estarán o catedrático e membro da RAG Xesús Alonso Montero, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Publicada na colección Manuais da […]

“Ulises”, de James Joyce, cumpre cen anos

Este ano celebramos o centenario de Ulises, de James Joyce, unha novela que revolucionou a literatura moderna. Publicada en París en 1922 pola librería Shakespeare and Company, a extensa novela de James Joyce (Dublín, 1882-Zürich, 1941) desenvólvese durante un só día, o 16 de xuño de 1904, en Dublín. Joyce emprega en Ulises, á parte […]