O 3 de marzo estrearase a obra de teatro “As alumnas”, de Paula Carballeira

O vindeiro 3 de marzo, celebrarase, no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, a estrea de As alumnas, unha obra de teatro de Culturactiva Producións, escrita por Paula Carballeira, que busca homenaxear a figura de mulleres como María Barbeito. A obra, protagonizada por Anabell Gago e Mónica Camaño, dirixida por Fina Calleja, homenaxea a todas as […]
Rosalía de Castro, muller faro

Hoxe, 23 de febreiro, celebramos o día de Rosalía de Castro. Unha muller imprescindible na cultura galega que, actualmente, segue a iluminar Galicia coa súa luz inapagable. Tal día coma hoxe, en 1837, nacía, en Santiago de Compostela, Rosalía de Castro, unha das figuras claves da nosa sociedade, é a escritora máis importante do Rexurdimento […]
Presentación de “Castelao. Construtor da nación”, Tomo II e III, en Compostela

O mércores 23 de febreiro, celebrarase, ás 19 h, no Museo do Pobo Galego, a presentación de Castelao. Construtor da nación, Tomo II e Tomo III, de Miguel Anxo Seixas Seoane. Acompañando o autor, asistirán o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da Cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo; a xerente do Consorcio de Santiago, […]
Timparrantela, finalista nos XXI Premios Opinión da Música de Raíz

A banda Timparrantela é finalista, na categoría de ‘Mellor tema orixinal’, nos XXI Premios Opinión da Música de Raíz, pola canción O Tío do Curruncho, do libro-disco Se te quixen foi polos grelos. Os textos deste disco están cheos de retranca e de empoderamento, de crítica e de amor, de luz e de sombras. Olga Brañas […]
Onte presentáronse, en Valdeorras, os poemarios de Delgado Gurriarán

Os libros, Bebedeira, O soño do guieiro, e Galicia infinda, son tres obras fundamentais para coñecer a figura de Florencio Delgado Gurriarán, que reeditou a Editorial Galaxia neste primeiro trimestre. Onte, Valdeorras acolleu a presentación dos poemarios do protagonista do Día das Letras Galegas. O acto, contou coa participación de Eva Delgado, en representación da […]
Convócase o XXXIV Premio de Novela “Manuel García Barros”

O Excmo. Concello da Estrada, sensible co proceso cultural de Galicia, entende que un dos bens máis prezados desta Comunidade é o da creación literaria, aspecto de salientable significación no marco da Lingua e da Cultura, que redunda nun amplo desenvolvemento da propia identidade. Neste marco de referencia enténdese que calquera estímulo positivo facilita e […]
Galicia chora a vosa perda

Neste día tan duro para Galicia, dende a Editorial Galaxia, queremos transmitir o noso profundo pesar pola traxedia ocurrida en Terranova. Todo o noso apoio e agarimo para os familiares das vítimas. Os mariñeiros, heróicos e xenerosos, loitaron contra o mar, que tanto nos da, deixándonos hoxe unha dor infinda. Galicia chora a vosa perda.
A Editorial Galaxia publica “Antese”, Premio Victoriano Taibo, de Arancha Nogueira

Publícase Antese, o poemario co que Arancha Nogueira obtivo o Premio Victoriano Taibo 2021. Esta nova obra da autora de dente de leite céntrase en dúas mulleres, nai e filla, e nun lugar: o xardín. O crecemento é o que teñen en común a poeta que escribe e as plantas. Tamén comparten unha pexa: o vencello […]