Presentación de “Pasaba por alí. E quedei un intre”, na Coruña

O xoves 3 de febreiro, celebrarase, ás 19 h, na libraría Lume da Coruña, a presentación de Pasaba por alí. E quedei un intre, de Xoán Rubia. Acompañando o autor, estarán o xornalista Cándido Barral e o escritor Xavier Alcalá. O acto contará coa interpretación musical do autor. Considerado un dos nomes máis importantes da música […]
Arantza Portabales publica unha nova novela en marzo

Portabales, unha das principais voces da escena ‘noir’ do país, volve a sorprendernos cunha nova entrega, Sobrevivindo, que chega o 3 de marzo a todas as librarías de Galicia. Esta nova entrega amosa a evolución literaria dunha das escritoras máis importantes do panorama actual. A autora ofrece a posibilidade de comparar a súa escrita de […]
Unha obra de Blanco Amor, entre as novidades de Galaxia

Teracea marroquí 1935, de Eduardo Blanco Amor, en edición de Xosé Enrique Acuña, é unha das últimas novidades editoriais de Galaxia. Neste volume, publicado nunha coidadosa edición, recóllense as reportaxes escritas desde diversas perspectivas, da brillante prosa blancoamoriana. Datan de 1935 mais recenden actualidade por todas as súas letras. Uns escritos de grande altura literaria, […]
O legado do homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022, Delgado Gurriarán

Florencio Delgado Gurriarán, avogado de formación, foi poeta, articulista, pioneiro da tradución poética interlingüística, editor literario e home ponte entre a Galicia exiliada en México e a Galicia interior, capaz de tecer asemade vínculos coa intelectualidade doutras orixes. Foi tamén un extraordinario activista cultural, promotor de iniciativas como o Padroado da Cultura Galega en México […]
Presentación de “Baixo as alas de abril”, en Rianxo

O venres 28 de xaneiro, celebrarase, ás 20:30 h, na Sala Arcos Moles do Auditorio de Rianxo, a presentación de Baixo as alas de abril, de Xoaquín Fernández Leiceaga, organizada pola A. C. Barbantia. Acompañando o autor, estarán o alcalde de Rianxo, Adolfo Muiños; Xesús Laiño e María Xesús Blanco, en representación de A. C. […]
Coidar o medio ambiente, unha responsabilidade de todas

Hoxe celebramos o Día da Educación Ambiental, unha data que nos lembra a importancia de coidar e preservar o máis importante que temos: a natureza. Xenerosa e sabia, é a encargada de brindar a todas e todos os recursos necesarios para sobrevivir e desfrutar do mundo. Como especie humana, temos unha débeda con ela, o […]
25 aniversario do nacemento de Harry Potter

En xuño cúmprense 25 anos dende que se publicou o primeiro tomo da saga protagonizada polo mago máis famoso do mundo: Harry Potter e a pedra filosofal. Un 26 de xuño de 1997, unha decidida J. K. Rowling, daba a luz o que sería o comezo dunha viaxe máxica que arrastraría a persoas de todo […]
Encontro arredor da industria editorial galega, en Vigo

O martes 25 de xaneiro, celebrarase, ás 19 h, no Museo Verbum – Casa das Palabras de Samil, Vigo, un encontro con Francisco Castro, escritor e director xeral de Editorial Galaxia, e Inma López Silva, escritora e crítica teatral, arredor da industria editorial galega, dende un punto de vista económico, organizado polo ECOBAS Interuniversity Research […]