Presentación de 'A máscara de Ulises' de Xosé Carlos Caneiro en Ourense

Este sábado, o escritor de Verín, Xosé Carlos Caneiro, na compaña do director xeral de Galaxia, o escritor Víctor F. Freixanes, presentará o seu novo libro, compendio de moitos dos seus relatos ao longo de varias décadas, 'A máscara de Ulises', un volume co que o autor, ao xuntalos no libro, pretendeu, entre outras cousas, […]

Nova edición para 'Hora zulú'

Estes días está a chega ás librerías de todo o país unha nova edición da novela gañadora do premio de novela Manuel García Barros deste ano pasado, 'Hora zulú' de Santiago Lopo. Se xa namorara á crítica e ao xurado que decidiu premiala, aos poucos foi gañando tamén o favor do público, de tal xeito […]

Novo premio para 'Laura no deserto'

O libro de Antón Riveiro Coello, 'Laura no deserto' fíxose merecente esta pasada fin de semana do premio Frei Martín Sarmiento na categoría de adultos. Este é un premio dos máis singulares e gorentosos para cualquier autor ou autora do noso país porque o xurado é moi amplo, tanto que, nesta categoría na que o […]

'Ilustrísima' de Carlos Casares. Máis lectores e lectoras. Novas edicións

'Ilustrísima' saiu do prelo no ano 1980. Dende entón, convertiuse nunha das obras máis queridas polos lectores e lectoras de Carlos Casares. E dende aquela, as reedicións foron unha constante neste libro que se vende ano tras ano e que, co paso do tempo, gaña en solidez. Estes días a Editorial Galaxia publica unha nova […]

Presentación de 'As lambetadas de Larpeiros' de Merchi Rodal en Bueu

Este xoves asistiremos á presentación do libro "As lambetadas de Larpeiros", de Merchi Rodal, no Restaurante Casa Quintela de Bueu (Rúa Eduardo Vincenti, 24). Acompañarán á autora o cociñeiro Benigno Campos, Xosé Cermeño, director do programa LARPEIROS e o editor Francisco Castro. Non vai ser unha presentación ao uso, pois ao remate do acto, a […]

Todo listo para a gran festa de Trasalba dedicada a Cristina Pato

Dende a ligazón á dereita destas liñas podes descargar o progrma completo dos actos de entrega do Premio Trasalba á música Cristina Pato o vindeiro domingo 30 de Xuño na Casa Grande de Cimadevila. E tamén, á dereita destas liñas, deixamos para que poidas escoitar, o tema que Cristina Pato compuxo en homenaxe a Trasalba. […]

'Rosalía pequeniña' en Mos

Este xoves, e dentro dos actos programados dentro do programa Falaredes, da Sescretaria Xeral de Política Lingüística, celebrarase o espectáculo, en Mos, 'Rosalía pequeniña' a cargo de Uxía. Na localidade mosense é festivo e o acto enmárcase dentro dos actos da Festa da Rosa. 'Rosalía pequeniña' é un espectáculo que, como no libro-disco que acabamos […]

Cartas e lembranzas

Estes días chega ás librerías de todo o país un novo libro de Xosé Neira Vilas: 'Cartas e lembranzas. Epistolario con Francisco Fernández del Riego'. Neste libro, o autor de Memorias dun neno labrego reúne un mangado de lembranzas sobre o seu amigo, o editor e escritor Francisco Fernández del Reigo, a carón da correspondencia […]