'Ilustrísima' de Carlos Casares. Máis lectores e lectoras. Novas edicións

Categoría: Nova

'Ilustrísima' saiu do prelo no ano 1980. Dende entón, convertiuse nunha das obras máis queridas polos lectores e lectoras de Carlos Casares. E dende aquela, as reedicións foron unha constante neste libro que se vende ano tras ano e que, co paso do tempo, gaña en solidez.
Estes días a Editorial Galaxia publica unha nova edición, na Biblioteca Carlos Casares, desta homenaxe ao cinematógrafo escrita con agarimo, con tenrura e con sinxeleza, polo simple pracer de contar unha historia, como tanto gorentaba Carlos Casares de facer, ben fose nas novelas, ben nos seus artigos xornalísticos. Unha novela que prende e turra do lector para non soltalo ata o final.

Compartir na redes sociais: