Presentación de 'As lambetadas de Larpeiros' de Merchi Rodal en Bueu

Categoría: Nova

Este xoves asistiremos á presentación do libro "As lambetadas de Larpeiros", de Merchi Rodal, no Restaurante Casa Quintela de Bueu (Rúa Eduardo Vincenti, 24).
Acompañarán á autora o cociñeiro Benigno Campos, Xosé Cermeño, director do programa LARPEIROS e o editor Francisco Castro.
Non vai ser unha presentación ao uso, pois ao remate do acto, a reposteira sorprenderanos cunha degustación dalgúns dos doces presentes no libro.
Daquela, o público asistente non só vai poder gozar da palabra da autora que nos confesará algúns segredos de reposteira e o por que da súa paixón por este estilo de cociña; ademais, deixaremos o padal contento ao ver, cos nosos ollos, e saborear, nas nosas bocas, algúns dos dóces que a reposteira nos ofrecerá.
Porque todos somos Larpeiros.

Compartir na redes sociais: