A Editorial Galaxia publica o primeiro ensaio de Francisco Castro

Xa está en todas as librarías o primeiro ensaio de Francisco Castro, publicado na Colección Feminismos da Editorial Galaxia, titulado Isto si é un home. Neste libro Francisco Castro explota a súa faceta como filósofo para situarse no pensamento feminista desde a súa condición de varón. Trátase dun ensaio irónico, por momentos esmendrellante, en que […]

8M. Unha loita de todas as persoas

Dende a Editorial Galaxia amosámonos como firmes defensoras da loita feminista en prol da igualdade entre homes e mulleres. O 8M é só un recordatorio do que se debe defender cada día: a liberdade, a igualdade de oportunidades, a diversidade, a dignidade, a valentía, a abolición da opresión ou do machismo que se mestura en toda a sociedade, […]

Galaxia publicará a Poesía Reunida de Luísa Villalta

Ao longo deste ano, a Editorial Galaxia publicará, na colección Letras Galegas Clásicos, o libro de Luísa Villalta, Pensar é escuro. Poesía reunida, en edición do crítico literario Armando Requeixo. Esta obra amosa a luz e talento dunha muller imprescindible nas nosas letras. Completa a homenaxe que rendemos dende a Editorial Galaxia á figura da […]

Presentación de “Pioneiras na ciencia en Galicia”, en Santiago de Compostela

O luns 7 de marzo, celebrarase, ás 19:30 h, a presentación de Pioneiras da ciencia en Galicia, de Eduardo Rolland e Manuel Rey, na libraría Couceiro de Santiago de Compostela. Acompañando os autores, estará Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Este libro aborda o papel xogado polas pioneiras da ciencia no noso país. Conta, […]

Galaxia reedita o “Ulises”, de James Joyce, no seu centenario

A obra que catapultou á fama a James Joyce, “Ulises”, celebra este ano o seu centenario. A Editorial Galaxia reedita, en formato rústica, a obra do laureado escritor para que este ano volva aos andeis de todas as librarías de Galicia. A Editorial Galaxia, apostando por este clásico imprescindible, publicouno por primeira vez en galego, […]

Convócase o Premio Álvaro Cunqueiro de Novela

O Concello de Mondoñedo en colaboración coa Casa Museo Álvaro Cunqueiro e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca este certame coa finalidade de honrar a memoria do escritor Álvaro Cunqueiro e, asemade, axudar á promoción da escrita literaria en lingua galega e á divulgación das súas autoras e autores. As bases polas que […]

O clásico de Neira Vilas chega aos 70.000 exemplares vendidos

“Eu son… Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre” Así é como comeza Memorias dun neno labrego, un dos clásicos da narrativa galega contemporánea, autoría de Xosé Neira Vilas, que xa vendeu máis de 70.000 exemplares desde a súa primeira publicación. O autor plasmou neste libro o sentir de Balbino, un rapaz […]

Xa podes ler o primeiro capítulo da nova novela de Blanca Riestra

Xa podedes ler o primeiro capítulo de Aquí comeza o mar, Premio Blanco Amor 2021, de Blanca Riestra, premendo aquí. A autora gañou este prestixioso recoñecemento cunha historia que retrata A Coruña, en distintos momentos da trama. Esta novela entronca coas tendencias literarias actuais que se cultivan noutros lugares, destacando a súa riqueza literaria, caracterizada […]