Discurso de ingreso de Fina Casalderrey na RAG

A escritora Fina Casalderrey lerá o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega mañá 22 de novembro ás 19 horas no Teatro Principal de Pontevedra. O acto é de asistencia libre. A escritora galega é a quinta muller en contar cunha cadeira no organismo académico. Ata agora a presenza feminina estaba representada por Xohana […]

Concerto acústico de Pablo Díaz en Vigo

Pablo Díaz ofrécenos este sábado na Casa do Libro, nun espectáculo familiar, un pequeno concerto acústico para presentarnos TOC TOC, o seu novo libro-disco editado por Galaxia. Un mollo de cancións cheas de ledicia, ilusión, amizade e compañeirismo, onde non teñen cabida os malos rollos e si a defensa do medio ambiente, a protección dos […]

Galaxia no Culturgal

Un ano máis a Editorial Galaxia vai desenvolver un amplo programa de actos no marco do Culturgal que vai celebrarse, como todos os anos, en Pontevedra. Un mollo de propostas moi amplas que contemplan dende encontro con escolares a conversas con autores ou espectáculos musiciais tanto infantís como destinados ao público adulto. De seguido, o […]

Presenza de Galaxia/Mar Maior no MICA

Durante catro días, dende o pasado sábado (día 23) ata o martes reuníronse na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, representantes de distintos sectores e instituciones de Galicia e Arxentina relacionadas coa industria cultural: o libro, a música, o cine, o deseño, as artes escénicas, a comunicación… Editorial Galaxia presentou neste foro o seu […]

La Voz premia o compromiso de Galaxia con Galicia e o seu patrimonio

La Voz entregou onte o Premio Fernández Latorre, instituido en memoria do seu fundador, e que na súa edición número 55 distinguiu o traballo da Editorial Galaxia en favor da lingua e cultura galegas. Un labor que a institución desenvolve desde que foi fundada en 1950 por intelectuais como Ramón Piñeiro, Francisco Fernández del Riego, […]

Conversa con Benigno Campos en Betanzos

Este xoves, na Libraría Biblos de Betanzos, o popular cociñeiro Benigno Campos manterá un coloquio con todas aquelas persoas que queiran partillar co cociñeiro do popular programa da Televisión de Galicia, LARPEIROS. Unha boa ocasión para preguntarlle sobre os segredos da súa cociña.

Gran resposta á oferta de prevenda do Ulises de Joyce

Cando xa vai case que un mes dende que anunciamos a oferta de prevenda do libro de James Joyce, 'Ulises', que en breve estará nos andeis de todas as librerías do país, constatamos o grande interese suscitado pois son moitos os lectores e lectoras que se acolleron a esta posibilidade de conseguir este clásico da […]