Presentación do libro+CD 'De Voces Ceibes a Milladoiro' de Antón Seoane na Coruña

Categoría: Nova

O libro-disco de Antón Seoane, 'De Voces Ceibes a Milladoiro' leva xa unha boa cantidade de presentacións por todo o país dende o tempo da súa publicación hai uns meses. A penúltima foi o pasado mércores en Santiago e, agora, o vindeiro luns 10 de febreiro, será ás 20 horas no Centro Galego das Artes de Imaxe da Coruña.
No acto intervirá, canda o autor, o músico Xosé Quintas Canella e o editor do libro, o escritor Francisco Castro.
Neste libro e da man de Antón Seoane, un dos nosos músicos máis importantes e peza fundamental de Milladoiro, viaxamos polos anos anteriores á saída do primeiro disco da lendaria formación, ao tempo que se revisa unha época (a fin do franquismo) e un proxecto: o intento por construír unha música de nós e botar a andar un proxecto absolutamente diferente e que se chamará, precisamente, Milladoiro.

Compartir na redes sociais: