Descarga de balde as primeiras páxinas de A IDENTIDADE FASCINADA

Dende hai uns días está dispoñible dende un banner específico na nosa web as primeiras páxinas da nova novela de Antonio Piñeiro, A IDENTIDADE FASCINANDA, unha viaxe á Compostela dos anos 80, época de iniciacións e cambios profundos na sociedade galega. O autor, dende o vindeiro luns e durante un mes, publicará no noso blogue […]

Publicamos O BECHO QUE QUERÍA COMER A AVOA

Estes días vai chegando ás librerías de toda Galicia o libro de Rocío Leira, O BECHO QUE QUERÍA COMER Á AVOA. O libro, que publicamos na nosa colección Árbore 10 anos, conta a historia dunha nena que sabe que un becho querer comer a súa avoa. Pero non é un becho con patas e antenas. […]

Galaxia publica o primeiro libro de Iria Collazo López

No marco da Feira do Libro de Vigo, que se celebrará nos primeiros días de xullo presentarase a novela de debut de Iria Collazo López, COMA UNHA ÁNCORA, unha novela de naufraxios e de amor, pero desa clase de amor que viaxa máis aló das fronteiras, da lóxica e do que coidamos normal. Unha espectacular […]

O álbum de Garrincha

Sae do prelo "O álbum de Garrincha", de Beatriz Maceda Abeleira. Garrincha foi un futbolista brasileiro medio coxo, ou coxo completo, coa columna vertebral como unha interrogación. Ninguén pensou nunca que chegaría gañar o Mundial e ser un dos mellores futbolistas de todos os tempos. A historia de Garrincha é a que ten sempre en […]

O Vigo histórico, en detalle

Non só os vigueses e viguesas senón que calquera persoa con sensibilidade e bo gusto vai gorentar este 'Centro histórico de Vigo. Guía visual' que Basilio Cegarra elaborou para a nosa editorial e que estes días empeza a chegar ás librerías. O castro prehistórico e as fortalezas da cidade amurallada, a luz do Paseo de […]

Concerto presentación de A Gramola Gominola en Ferrol

A banda A Gramola Gominola ofrecerá un concerto de balde hoxe venres a partir das 19h na Galería Sargadelos de Ferrol, no que dará a coñecer algúns dos temas máis representativos do libro-disco homónimo, que fai un repaso por todos aqueles ritmos que marcaron a nenez e a adolescencia dos compoñentes da formación. O pop, […]

A "novela-híbrida" de Antonio Piñeiro, xa nas librerías

A cidade multiplícase, compartindo a estreita veciñanza dos barrios -orballo, cal, bronce, sol, forxa e perpiaño- coa millarenga e as luces de neón. Un recendo a novo e a comezo, a fotocopia, a noite e a bar de estudante, enche as súas rúas. É a década álxida, chea de frescura e de vivencias, da que […]