Concerto de Sérgio Tannus con "Alegría" en A Coruña

Este xoves, e dentro dos concertos organizados pola Editorial Galaxia na Semana da Música Infantil na Feira do Libro, o músico Sérgio Tannus ofrecerá un concerto centrado nos temas do seu libro-disco 'Alegría!'. Ademais dun mollo de boas cancións, o libro cóntanos a historia de Alegra, unha curiosa bolboreta que quere saber do mundo. Insatisfeita, […]
Presentación do novo libro de María Solar na Coruña
Este xoves, Editorial Siruela e Galaxia organizan a presentación do libro de María Solar, 'O meu pesadelo favorito' (Premio Lazarillo 2014). No acto acompañarán á autora Mercedes Queixas Zas, a ilustradora María Lires e o editor Francisco Castro. Desta obra falou así o poeta Antonio García Teijeiro no seu blogue 'Versos e aloumiños': "O meu […]
Concerto de "Chuches Amil" na Coruña

Mañá mércores 5 de agosto ás 20.00 horas, o grupo musical Chuches Amil dará un concerto do seu libro-disco "Un conto ao revés", editado dentro da colección Sonárbore e no marco da Semana da Música Infantil que se celebra na Feira do libro en A Coruña e que produce a nosa editorial. No libro, ademais […]
Presentación de O ÁLBUM DE GARRINCHA na Coruña

Mañá mércores a escritora Beatriz Maceda Abeleira presentará o seu libro O ÁLBUM DE GARRINCHA acompañada polo futbolista Donato e o editor Francisco Castro. O acto celebrarase na Feira do Libro da Coruña ás 19.45. Deste libro, o crítico literario Ramón Nicolás sinalaba hai uns días nas páxinas de La Voz de Galicia: "A figura […]
Concerto da Gramola Gominola na Coruña

Dentro dos concertos da Semana da Música Infantil que produce Editorial Galaxia para a Feira do Libro da Coruña e que concentra moitas das novidades en libro-discos para a rapazada galega, este martes, ás 20 h, A GRAMOLA GOMINOLA ocupará a carpa central para ofrecernos un espectáculo baseado nos temas do seu primeiro traballo, do […]
Presentación de COMA UNHA ÁNCORA en Moaña

A presentación do libro de Iria Collazo López, COMA UNHA ÁNCORA englóbase dentro da Semana do Mar de Moaña. O acto está organizado polo Concello e pola Librería Pontillón. Será mañá martes 4 de agosto ás 21:00, no estaleiro do Casqueiro ( na rúa Concepción Arenal). A autora estará acompañada por Pablo Martínez, presidente da […]
A Coruña acolle a III Semana da Música Infantil

A Federación de Librarías de Galicia, contando coa produción da Editorial Galaxia, pon en marcha por terceiro ano consecutivo a Semana da Música Infantil, que se desenvolverá entre os días 2 e 8 de agosto. Unha completa programación, inserida no seo da Feira do Libro da Coruña, na que se incluirán algunhas das mellores propostas […]
Literatura para todos os gustos e idades

A Feira do Libro de A Coruña celébrase do 1 ao 10 de agosto nos Xardíns de Méndez Núñez. Alá estará Galaxia presentando as súas novidades literarias, para todos os gustos e idades, dende o mesmo sábado día 1 ata o luns día 10. Achegámosvos o programa de actividades da editorial na Feira, para que […]