Unha Esmorga que non remata

Dende o primeiro día no que saíu publicada, A Esmorga, de Eduardo Blanco Amor converteuse nun clásico. Para moitos, e semella algo incuestionable, estamos diante da mellor novela nunca escrita na nosa lingua. Quizais por iso, xeración tras xeración, milleiros de galegos e galegas volven cada ano os seus ollos cara esta obra que profunda […]
As laranxas de Casares, sempre saborosas

Un dos obxectivos que sempre se planteou como obrigatorios no seu traballo literario Carlos Casares foi o de producir textos infantís, de varios xéneros, para fornecer o sistema literario galego dunha oferta atractiva de produtos sedutores para a cativada do país. Por iso a súa presenza na LIX foi sempre tan importante. E por iso, […]
Mamá Cabra continua entre as preferencias da rapazada galega

Cando o grupo de música infantil Mamá Cabra desembarcou no catálogo de Galaxia xa eran unha das formacións máis importantes do país. Mais é innegable que coa publicación de 'Ola, ola, lá!' que estes días volvemos editar para poder satisfacer as demandas dos seus seareiros, supuxo un antes e despois na súa carreira. A acollida […]
Chega ás librarías Vic e Bombona

Publicamos unha nova historia de aventuras para os nenos e nenas de dez anos en diante, unha incríble viaxe protagonizada pola cadela máis lista do mundo e un neno que é un pequeno desastre… ou non! Axiña chegará ás librarías Vic e Bombona, a primeira novela de Sara Barreiro (Poio, 1981). Licenciada en Ciencias Políticas […]
Os pequenos da casa tamén van de festival

Malia que o verán está chegando á súa fin, aínda son moitas as citas festivas que restan en Galicia ata que comece formalmente o outono. Unha delas, o consolidado Festival de la Luz, que nesta súa cuarta edición continúa apostando polo incremento de actividades destinadas aos máis pequenos e pequenas da casa. Entre elas, figuran […]
O Otero Pedrayo universitario

Estes días irá chegando ás librerías de Galicia o libro LEMBRANZAS DO MEU VIVIR II de Ramón Otero Pedrayo centrado nos tempos da universidade, en Madrid, entre os anos 1904 e 1912. Don Ramón, ademais de grande polígrafo e patriarca das letras galegas, foi un modelo de universitario, primeiro como estudante e, logo, como profesor. […]
María Victoria Moreno, protagonista do Día das Galegas nas Letras

A plataforma A Sega celebrará a súa conmemoración anual da lingua e literatura, o Día das Galegas nas Letras, que se desenvolverá o vindeiro 15 de agosto e que este ano está dedicado á escritora nacida en Extremadura (e afincada en Pontevedra dende 1963), pero que sempre viviu no galego, María Victoria Moreno. No catálogo […]
Presentación do novo libro de Iván García Campos na Feira do Libro da Coruña

O escritor Iván García Campos presentará mañá venres na Feira do Libro da Coruña, ás 20.30 h. o seu novo libro 'Cuestións vitais secretas'. O autor estará acompañado polo escritor e xornalista Camilo Franco e polo director xeral de Galaxia, o escritor Víctor F. Freixanes. Nestes relatos, Iván García Campos introdúcense no interior das vidas […]