A ESMORGA en Xixón

Dende hai catro anos, na cidade asturiana de Xixón celébrase o Festival Arcu Atlántico, unha completa programación que reúne no mesmo espazo distintas artes e un mollo completísimo de actividades entre as que destacan, este ano, a proxección da película A ESMORGA (coproducida pola nosa editorial) e a presentación da versión en castelán da novela […]

Neira Vilas recibe a madalla de ouro de Galicia

"Sempre me considerei un xornaleiro das letras", declarou Xosé Neira Vilas no seu discurso: "Toda a miña obra esta dedicada a Galicia e escrita en lingua galega. Espero ser merecente da honra que se me fai e, se non o son, espero selo no resto de vida e de enerxía que me quede". Xunto co […]

Helena Villar Janeiro presentou o seu novo libro en Rianxo

Este domingo, e dentro dos actos da Feira do Libro de Rianxo, a escritora Helena Villar Janeiro presentou o seu novo libro, publicado por Galaxia na súa colección Árbore e ilustrado por Marifé Quesada, AS SEÑORAS COUSAS. A escritora estivo acompañada polo alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños e polo editor do libro, Francisco Castro. A […]

Manuel Portas: "O amor segue a ser o nó central do que escribo"

O pasado mércores contra o mediodía coñecíase a identidade do gañador do Premio Manuel García Barros que auspicia o Concello da Estrada e que publica a Editorial Galaxia. Manuel Portas, coa súa novela titulada "Lourenço Xograr" facíase merecente do premio deste ano. Polo outono, a súa obra será publicada na nosa editorial na colección Literaria. […]

Sérgio Tannus no Festigal 2015

O Festigal deste ano contará cun convidado moi especial, como é Sérgio Tannus e a súa banda que porán sobre o escenario do Espazo Infantil do Festigal que, como cada ano se celebra no Campus Sur, os temas do seu libro-disco, publicado na colección Sonárbore, "Alegría!" Á dereita destas liñas deixamos o vídeo do tema […]

Galaxia na Feira do Libro de Rianxo

Esta fin de semana celébrase en Rianxo a Feira do Libro. Durante a mesma, a Editorial Galaxia presentará dúas das súas últimas novidades. Así, o 25 ás 20.30 h. o escritor Antonio Piñeiro presentará A IDENTIDADE FASCINADA acompañado por Manuel Cartea e Adolfo Muíños Sánchez. Ao día seguinte, domingo, Helena Villar Janeiro fará o mesmo […]

Terceira edición de "Instrucións para tomar café"

Sae do prelo en pouco máis dun ano a terceira edición de ‘Instrucións para tomar café’: un mollo de relatos, microrelatos e textos variados que poden servir, ademais de para pasar un tempo literariamente agradable, para coñecernos mellor a nós propios, aos galegos e galegas, todo, dende a ollada retranqueira á que Núñez Singala nos […]