COMA UNHA ÁNCORA presentouse en Barro

Era a cuarta presentación desta novela e, como nas anteriores, as expectativas non defraudaron. A pesar de ser sábado e a pesar de que na televisión xogaban o Real Madrid e o Barcelona, e logo o Deportivo e o Celta, a Biblioteca Municipal de Barro encheuse de público, co seu alcalde á cabeza, para arroupar […]

Manuel Portas recibe o Premio García Barros

Así definiu o director de Galaxia a novela de Manuel Portas, "Lourenço. xograr". que o pasado venres recibiu na vila de A Estrada o Premio García Barros na súa 27 edición. "Unha novela que nos introduce nun universo extraordinariamente rico e, non obstante, pouco transitado polos nosos narradores contemporáneos: os cancioneiros medievais, xograres e trovadores […]

O material de Carme Kruckenberg chega á Fundación Penzol

Onte, nun acto celebrado na Fundación Penzol, trinta carpetas con manuscritos, mecanoscritos e debuxos de María do Carme Kruckenberg Sanjurjo foron doados pola súa filla, finada o pasado 16 de maio, material que vai estar a disposición do público para o seu coñecemento e estudo.. Cristina Pusone Kruckenberg asinou na sede da fundación a acta […]

Presentación do DVD de A Esmorga en Compostela

Mañá venres día 20 de novembro, ás 12h, a Facultade de Comunicación da USC acollerá o lanzamento do DVD da película A Esmorga, acto no que participarán o director, Ignacio Vilar; o produtor exectuvio Víctor Freixanes; e máis os actores protagonistas Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán Morris. Despois da presentación, o equipo […]

Presentación da nova novela de Antón Riveiro Coello en Pontevedra

Antón Riveiro Coello presentará a súa nova novela, OS ELEFANTES DE SOKÚROV acompañado de Luis Bará, Xaime Toxo e Carlos Lema. O acto está co-organizado co Ateneo de Pontevedra. Antón Riveiro Coello presenta a súa última novela na cidade do Lérez. Unha historia coral na que a cidade de Santiago ten un papel protagonista xunto […]

Acto de sinatura da doazón de fondos de María do Carme Krukenberg á Fundación Penzol

Cristina Pusone Kruckenberg vai facer doazón á Fundación Penzol de 30 carpetas con manuscritos, mecanoscritos e debuxos de súa nai, a destacada escritora e poeta galega, MARÍA DO CARME KRUCKENBERG SANJURJO. O próximo xoves, 19 deste mes de novembro, ás 12:00 horas, celebraremos no salón de actos da Casa Galega da Cultura, sede da Fundación, […]

Entrega do Premio Repsol na Coruña a Marcos Calveiro

O escritor Marcos Calveiro recibirá o Premio Repsol de Narrativa Breve outorgado á súa novela FONTÁN. Asistirán ao acto Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Ignacio Egea Kraul, vicepresidente Fundación Repsol, Victor F. Freixanes, director xeral Editorial Galaxia, Marcos Calveiro, gañador do Premio Narrativa Breve Repsol 2015, Loreto Silvoso, periodista da […]