A música infantil, protagonista da fin de semana

Este sábado e domingo volve a ser unha fin de semana chea de concertos dos nosos grupos da colección Sonárbore. Dentro do programa "Venres nas Librerías", o grupo Chuches Amil actuará na librería na librería Káthedra de Ourense o próximo sábado ás 12.30 horas da mañá. Os cativos poderán gozar das cancións do seu libro-disco […]

Presentacións dos novos libros de Marcos Calveiro e Xosé María Álvarez Cáccamo

Onte, a Editorial Galaxia tivo unha actividade intensa coa presentación, en Santiago, da primeira novela de Xosé María Álvarez Cáccamo, 'As últimas galerías', na librería Cronopios. Por outra banda, no Café Badía de Vigo, o escritor Marcos Calveiro presentou 'Fontán', Premio Repsol de Narrativa Breve 2015. No noso blogue deixamos galería fotográfica dos dous actos.

Arantza Portabales presentou SOBREVIVINDO en Santiago

Onte presentouse na Librería Cronopios de Santiago a novela de Arantza Portabales, "Sobrevivindo". A autora estivo acompañada polo delegado de La Voz de Galicia (xornal convocante do premio de Novela por Entregas que mereceu esta obra), Ignacio Carballo, e polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. Acudiu tamén o ilustrador Juan Carlos Abraldes. No […]

Presentación de 'Os elefantes Sokúrov' en Boiro

O escritor Antón Riveiro Coello presentará mañá en Boiro a súa nova novela 'Os elefantes de Sokúrov' acompañado por Manuel Cartea, Vicepresidente de Barbantia, Juan José Dieste, Alcalde de Boiro e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. O libro cóntanos unha historia ambientada na cidade de Santiago, na que se mesturan temas coma […]

Presentación de FONTÁN en Vigo

O escritor Marcos Calveiro, presentará a súa nova novela FONTÁN, Premio Repsol de Novela 2015, acompañado polo dramaturgo Rubén Ruibal e do director literario de Galaxia, Carlos Lema. No barrio de Teis, en Vigo, presentarase esta novela biográfica de corte histórico que percorre a vida de Domingo Fontán, autor do primeiro mapa topográfico e científico […]

Presentación da novela de Xosé María Álvarez Cáccamo en Santiago

"As últimas galerías" de Xosé María Álvarez Cáccamo presentarase o 26 de novembro en Cronopios de Santiago. Ademais do autor, intervirán o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, e o escritor Xosé Manuel Trigo. En Santiago, o ata o de agora poeta, e dende xa tamén novelista, Xosé María Álvarez Cáccamo presentará a súa […]

Uxía e Magín Blanco reinterpretan a obra do poeta Manuel María en CANTA O CUCO

Está a piques de chegar ás librarías galegas un novo traballo da colección Sonárbore, destinada a achegar a produción musical -de calidade- aos pequenos e pequenas da casa. Nesta ocasión, dous grandes como Uxía e Magín Blanco, poñen en común o seu talento para renderlle unha sentida homenaxe ao poeta lugués Manuel María, a quen […]

Unha historia de intriga e crime na era da telerrealidade

Arantza Portabales presenta a súa novela Sobrevivindo, Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia 2015 este mércores día 25 ás 20h na librería Cronopios de Compostela. Estará acompañada polo escritor e xornalista César Casal e polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. Trátase dunha historia de intriga, cun ritmo áxil que […]