Chega ás librarías o Lourenço, xograr de Manuel Portas

Chega ás librarías Lourenço, xograr, novela coa que Manuel Portas obtivo o Premio García Barros do ano 2015. Trátase dunha novela histórica que contribúe á divulgación da historia e da literatura medieval galegas por medio dun personaxe pouco coñecido, o xograr Lourenço, que constitúe a porta pola que nos asomamos non so aos conflitos políticos […]

Presentación de AS MULLERES DO MONTE na Coruña

José Antonio Gurriarán presentará o seu libro AS MULLERES DO MONTE mañá na Coruña acompañado de Felipe Senén e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. O libro afonda no papel das mulleres dos maquis despois da Guerra Civil e como daban refuxio ou apoiaban aos fuxidos. Moitas delas levaban, practicamente, o peso do […]

Presentación de COMA UNHA ÁNCORA en Bueu

A escritora Iria Collazo López presentará a súa novela COMA UNHA ÁNCORA acompañada do libreiro Fernando Miranda e do editor Francisco Castro na Sala Amalia Domínguez Búa de Bueu. O acto está organizado pola Asociación Johán Carballeira e a Librería Miranda. O libro está foi o máis vendido na súa categoría no pasado mes de […]

Presentación de AS MULLERES DO MONTE en Ourense

O escritor José Antonio Gurriarán presentará o seu libro AS MULLERES DO MONTE, no Foro de La Región en Ourense. O autor será presentado por Felipe Senén. Dos recordos infantís en Valdeorras e do impacto que nese intre da súa vida lle causou a "loita contra o maquis, os fuxidos" xurde o novo libro do […]

Presentación do libro "Barthes filósofo" de Luís G. Soto en Madrid

O premio Ramón Piñeiro de Ensaio2014 será presentado mañá xoves en Madrid nun acto na Casa del Lector ás 20 h. O autor estará acompañado por José Miguel Marinas, filósofo e escritor, quen desenvolerá un diálogo co autor e co público que queira participar no debate. No libro, García Soto interpreta a produción bibliográfica do […]

Xa nas librarías o novo libro de Riveiro Coello

Xa está nas librarías a última novela de Antón Riveiro Coello, Os elefantes de Sokúrov, na que autor ourensán conta a historia de Janis, quen na Compostela de 2012 se enfronta a un difícil presente, o da crise económica, ao tempo que sente a necesidade de coñecer o seu pasado, as razóns dunha existencia da […]

Presentamos o booktrailer de Os elefantes de Sokúrov

Antón Riveiro Coello presenta a súa última novela, Os elefantes de Sokúrov, hoxe mércores 11 ás 20h na libraría Couceiro de Compostela. Estará acompañado por Xesús Laíño, Xerardo AgraFoxo e Víctor F. Freixanes. Os elefantes de Sokúrov é o libro do mes na web da Editorial Galaxia. Estreamos un booktrailer realizado por Noel Queipo e, […]

Margarita Ledo presenta A cicatriz branca en Vigo

A cineasta Margarita Ledo Andión presenta o filme A cicatriz branca, que abre a nova colección Libro cinema de Editorial Galaxia cun pack de DVD con subtítulos e cun mollo de textos de José Manuel Sande e Pilar Cagiao, e unha serie de colaboracións en forma de textos escritos por xente que formou parte do […]