Presentación da nova novela de Manuel Portas en Santiago

A presentación de "Lourenço, Xograr" de Manuel Portas, premio Manuel García Barros de Novela 2015 celebrarase o 10 de decembro ás 20,00 horas no Airas Nunes de Compostela. Ademais do autor e o editor, Víctor F. Freixanes, intervirá a crítica literaria Gracia Santorum. No seu día, o xurado destacou a contribución da novela á divulgación […]
Fin de semana no Culturgal

Como todos os anos Editorial Galaxia estará hoxe presente co seu stand en Culturgal, a feira anual da cultura galega que dende hoxe e ata o domingo se celebra en Pontevedra. O mundo editorial, audiovisual, musical, plástico, etc., ten una cita na vila do Lérez e, un ano máis, Galaxia estará presente co seus espazos […]
Mércores de presentacións

Á volta do Culturgal a actividade da Editorial Galaxia vai seguir sendo moi intensa. Así, o mércores 9 de decembro, e tras a ponte da Constitución, a nosa editorial ten preparadas dúas presentacións de dous libros ben diferentes pero que poden ser perfectos para agasallar neste Nadal. Por unha banda, a reposteira do programa da […]
Conversa con Antón Riveiro Coello, autor de 'Os elefantes de Sokúrov'

O Espazo Libro será o lugar onde o xornalista Ramón Rozas manterá unha conversa con Antón Riveiro Coello arredor da súa nova novela, 'Os elefantes de Sokúrov'. Sen dúbida, será unha conversa ben interesante pois, hoxe mesmo, no perfil de facebook do xornalista e crítico literario podía lerse "Fascinado polo libro de Antón Riveiro Coello […]
Conversa ao redor do libro colectivo "Tempos chegados? Sobre o futuro político de Galicia"

O Culturgal dá comezo mañá cun mollo importante de actividades protagonizadas pola Editorial Galaxia que, coma sempre, terá un stand onde amosar as súas novidades e boa parte do seu fondo histórico. A súa programación, que se extenderá ao longo dos tres días de duración da Feira, arranca cun debate, moderado polo director xeral de […]
Merchi Rodal presenta Novas lambetadas dunha larpeira feliz

Merchi Rodal presenta o seu novo receitario, Novas lambetadas dunha larpeira feliz, mañá mércores día 2 de decembro ás 20h na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Cangas, onde estará acompañada polo concelleiro de Cultura da localidade, Heitor Mera, por Xosé Cermeño e por Víctor F. Freixanes. Merchi Rodal, colaboradora do programa Larpeiros da […]
'Os elefantes Sokúrov' presentáronse en Boiro

O pasado venres a nova novela de Antón Riveiro Coello foi presentada en Boiro, nun emotivo acto no que tamén houbo lembranzas para Balbino e música, coa axuda de Sonia Lebedynski. O autor estivo acompañado por Manuel Cartea, Vicepresidente de Barbantia, Juan José Dieste, Alcalde de Boiro e o director xeral de Galaxia, Víctor F. […]
Morreu Xosé Neira Vilas

VENRES, 11.30 HORAS Esta noite morría, aos 87 anos de idade, o escritor Xosé Neira Vilas na súa casa de Gres en Vila de Cruces. Dende hoxe ás 18.00 h velarase o seu corpo no Panteón de Galegos Ilustres en San Domingos de Bonaval e mañá sábado, ás 17.30 horas realizarase unha cerimonia na Igrexa […]