Éxito na presentación de A BOCA DO MONTE en Ourense

Malia que o termómetro que se podía ver fóra da carpa da Feira do Libro de Ourense marcaba, ao inicio do acto de presentación da novela de Celia Díaz Núñez, 39 graos, a carpa encheuse de público (que tivo que acomodarse como puido fóra das instalacións) para acompañar á autora (abeirada pola poeta e artista […]
Cuarta edición para O ACHADO DO CASTRO

Hai pouco máis de un ano decidimos traer ao catálogo da editorial Galaxia, para a colección Costa Oeste, olibro de Manuel Núñez Singala O ACHADO DO CASTRO, publicada no ano 1991 e que dende aquela data non deixaba de triunfar entre o lectorado mozo galego. Cunha nova capa e edición, lanzámola coa seguridade de que […]
Presentación en Ourense do novo libro de Celia Díaz Núñez

A escritora Celia Díaz Núñez presentará a súa novela A BOCA DO MONTE acompañado pola poeta Celia Parra e o editor Francisco Castro mañá martes na Feira do Libro de Ourense. Durante o acto actuará o grupo musical As da Chispa. Estamos diante dun libro que nos leva á época do imperio romano pero sen […]
Coloquio entre Carlos Vila Sexto e Francisco Castro en Ourense arredor das novelas de intriga

Este mércores, e dentro dos actos da Feira do Libro de Ourense, os escritores Carlos Vila Sexto e Francisco Castro, moderados pola tamén escritora María Canosa, manterán un debate arredor do título ESCRIBIR INTRIGA. Ambos os autores teñen publicado dende sempre novelas nos que a compoñente da intriga, resultan fundamentais no desenvolvemento da lectura, como […]
SDKOFKLQTJSK
Unha nova novela histórica de Bernardino Graña

Se hai uns días dabamos conta da saída do prelo dunha nova obra infantil de Bernardino Graña, TRAGAXÁN E TRAGADIÑO desta volta anunciamos a publicación (xa está nas librerías galegas dende hai uns días) dun novo libro destinado ao público adulto e que leva por título A FUGA A EXIPTO. Na liña da novela historica, […]
Chegan as RAIOLAS DE SOL de Antonio García Teijeiro

Volve o mellor Antonio García Teijeiro. E faino cun libro de relatos que publicamos na colección xuvenil Costa Oeste e que titula RAIOLAS DE SOL. Na liña lírica e narrativa á que nos ten acostumados, ofrécenos historias que son precisamente coma a realidade que lle dá título ao volume, raiolas de sol, ou sexa, espazos […]
Nova novela infantil de Bernardino Graña

Leva uns días xa nos andeis das librerías galegas o novo traballo dese clásico da nosa Literatura Infantil e Xuvenil que é Bernardino Graña. O seu título é TRAGAXÁN E TRAGADIÑO e está ilustrado, dentro da colección Árbore 8 anos por Patricia Castelao. Nesta súa nova obra, o autor do Morrazo recrea aqueles tempos da […]