O debate sobre as esquerdas e as dereitas

Seguimos debullando algúns dos interesantes contidos da revista GRIAL que imos dando descargables en PDF. Desta volta, ofrecemos, na ligazón á dereita destas liñas a interesante reflexión que sobre a cuestión do eterno debate entre a esquerda e a dereita realiza o historiador e escritor portugués Ruí Tavares.
Publicamos a nova novela de Celia Díaz Núñez

Hai unhas semanas chegou ás librerías galegas, dentro da colección Costa Oeste, a novela de Celia Díaz Núñez, A BOCA DO MONTE, unha historia que a autora sitúa nas terras da súa nenez, e que nos leva por unha época lonxana no tempo, a do Imperio Romano, pero moi próxima no espazo, as terras de […]
Presentación de A BERENGUELA na Coruña

Mañá xoves presentaremos na librería Motio Conto da Coruña a obra A BERENGUELA. OPERETA PARA VOZ NARRADA E CUARTETO DE CLARINETES SOBRE UN TEXTO DE MANUEL MARÍA CON MÚSICA DE NANI GARCÍA. Un fermoso proxecto no que tamén participaron Miguelanxo Prado nas ilustracións e a actriz María Inés Cuadrado poñendo a súa voz neste libro-disco. […]
Mercedes Queixas presenta en Carballo "Labrego con algo de poeta"
Mercedes Queixas Zas luns presenta o vindeiro , día 9, ás 20h, na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María , unha achega fundamental para coñecer a vida e a obra do poeta chairego ao que a Real Academia Galega lle adica o próximo 17 de maio […]
Presentación do novo libro de Francisco Castro en Ourense

O escritor Francisco Castro presentará a súa nova novela, AMOR É UNHA PALABRA COMA OUTRA CALQUERA mañá venres ás 20 horas en El Cercano. O autor estará acompañado pola actriz e escritora Nati Borrajo. Estes días, a novela de Castro entra no prelo para a súa terceira edición en catro meses.
Presentación de A GARZA INSOMNE

Presentación do libro 'A Garza insomne', cos nove relatos finalistas das últimas tres edicións do concurso Manuel Murguía. O acto celebrarase o venres, 13 de maio, ás 19:30 no Centro Cívico do Concello. O evento estará acompañado dun recital do grupo 4Jazz, a plantación dunha árbore conmemorativa do 25 aniversario do certame e unha lembranza […]
O MEU PESADELO FAVORITO, Mellor Libro de LIX galego

O Teatro Principal de Santiago foi o lugar escollido pola AELG, AGE e a Federación de Libreiros para celebrar a primeira edición da Gala do Libro Galego e recoñecer os mellores traballos do ano pasado. A escritora María Solar recibiu o premio pola súa obra O MEU PESADELO FAVORITO na categoría de Mellor Libro Infantil […]
Presentación de AS ANDANZAS DE PAIO en Vigo

O grupo OVIRAVAI presentará este sábado en Vigo o seu primeiro libro-disco, AS ANDANZAS DE PAIO. Será na Casa do Libro ás seis do serán. O grupo, que debuta así na colección Sonárbore, vén de gozar dun éxito enorme en Buenos Aires, onde a semana pasada presentaron este traballo musical, ofrécenos a historia (musical) de […]