Chega o LIBRO DE HORAS

Está chegando xa ás librerías a nova obra de Miguel Anxo Murado, un dos escritores do noso sistema literario que mellor coñecen e manexan a distancia curta do relato como ben demostrando dende hai ben de anos. As historias desde libro están tomadas da realidade pero aparecen filtradas pola sensibilidade do escritor. Nas súas páxinas, […]

Presentación de LABREGO CON ALGO DE POETA en Vilalba

Mañá 17 de xuño, ás oito da tarde, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a presentación do libro 'LABREGO CON ALGO DE POETA. Biografía de Manuel María', do que é autora a profesora, escritora e secretaria xeral da AELG, Mercedes Queixas Zas. O acto, coordinado por Martiño Maseda, contará coa participación da escritora […]

Este domingo celebramos o I Festival Infantil CantoConto!!!

Este domingo, no Pazo de Mos dende as 11.30 horas celebraremos o I Festival Infantil CantoConto, unha iniciativa na que colabora o grupo As Maimiñas, o Concello de Mos e a Editorial Galaxia. Contempla, totalmente de balde, unha morea de actividades que inclúen unha Flashmobe, talleres de baile, sesión vermú, xogos tradicionais, talleres de arxila, […]

Presentación de A BOCA DO MONTE en Lugo

A escritora Celia Díaz Núñez presentará a súa nova novela A BOCA DO MONTE na librería Biblos de Lugo acompañada por Ramón Vila Anca, director do Museo Arqueolóxico e do Museo Etnográfico de Quiroga e polo representante da editorial Galaxia, Arturo Ponte. Este libro presentouse a semana pasada na Feira do Libro de Ourense e […]

Presentación do libro A INVESTIGACIÓN EDUCATIVA EN GALICIA 2002-2014 en Santiago

Mañá mércores 15 de xuño, ás 12 horas presentarase no Museo Pedagóxico de Galicia, o libro publicado pola nosa Editorial e coa coordinación de Miguel Anxo Santos Rego, Director do GI ESCULCA, USC, o libro A INVESTIGACIÓN EDUCATIVA EN GALICIA 2002-2014. Este libro é froito da vontade de colaboración entre investigadoras e investigadores de educación […]

Francisco Castro gaña por quinta vez o Premio Frei Martín Sarmiento

O pasado venres, na Cidade da Cultura fixéronse públicos os premios Frei Martín Sarmiento que recoñecen os mellores libros ao xuízo das lectoras e lectores dos últimos dous anos. Na categoría de adultos, o libro gañador foi o de Francisco Castro, "Tes ata as 10", publicado pola Editorial Galaxia. O premio Frei Martín Sarmiento que […]

O soño da Galiza ideal

Estes días irá chegando ao prelo o libro de Xosé M. Núñez Seixas, O SOÑO DA GALIZA IDEAL. ESTUDOS SOBRE EXILIADOS E EMIGRANTES GALEGOS. Neste libro reúnense seis traballos, publicados en diversos volumes e revistas entre os anos 2001 e 2015, que teñen como denominador común a análise das dimensións sociopolíticas e culturais da emigración […]

Homenaxe a Franco Grande e ao seu dicionario

O escritor e académico Xosé Luís Franco Grande recibiu o pasado luns unha homenaxe en Redondela como recoñecemento ao autor do ‘Diccionario galego-castelán’. Da importancia do seu dicionario (que xuntou máis de 40.000 voces), publicado por vez primeira en 1968, na achega de milleiros de persoas ao coñecemento sistemático do repertorio léxico galego, que os […]