A Editorial Galaxia a editora máis premiada na Gala do Libro Galego 2017

Categoría: Nova

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia celebraron por segundo ano consecutivo a Gala do Libro Galego 2017. Os galardóns premian en cada categoría a obra ou o traballo literario máis destacado. A Editorial Galaxia foi a editora que máis distincións colleitou este ano ao ser premiada no apartado de ensaio, teatro e narrativa.
Mercedes Queixas fíxose co premio ao mellor ensaio pola obra Labrego con algo de poeta: biografía de Manuel María. O xurado estima que é unha obra moi pedagóxica, de fácil lectura e moi divulgativa e con funcionamento moi exitoso nas librarías.
Carlos Labraña levou o premio de teatro pola súa peza Moito Morro Corporation. Sociedade Limitada. O xurado destacou a traxectoria do escritor e a capacidade de introducir neste texto cuestións de actualidade.
Xosé Monteagudo recibiu pola súa novela Todo canto fomos o recoñecemento á mellor obra narrativa. O xurado destacou a súa calidade.
 

Compartir na redes sociais: