Presentación de “Algoritmos”, en Pontevedra

O martes 20 de setembro, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría Paz de Pontevedra, a presentación de Algoritmos, de Xavier Queipo. Acompañando o autor, estará Olga Nogueira. Queipo volve a sorprender ao público cunha nova novela. Publicada na colección Literaria, Algoritmos é un exercicio de análise, de pensar fóra da norma, de expresar ideas e sentimentos cunhas […]

O luns comeza o Obradoiro Literario, da Escola de Letras, con Anna R. Figueiredo

O luns 19 de setembro, comeza, ás 19:00 h, o Obradoiro Literario con Anna Figueiredo: Escribir. Xéneros, técnicas, temáticas…, en Pontevedra. Celebrarase os días 19 e 26 de setembro; 3, 10, 17 e 24 de outubro; 7 e 14 de novembro, en horario de 19:00 h a 21:00 h, no Salón de Actos do Edificio Administrativo da […]

Mamá Cabra e Pitusa Semifusa son finalistas nos Premios Martín Códax

Mamá Cabra e Pitusa Semifusa forman parte da lista de finalistas na novena edición dos Premios Martín Códax da Música, os máis prestixiosos da música galega. Estes premios, promovidos pola Asociación de Músicas ao Vivo nacen coa intención dar visibilidade e recoñecer a diversidade e a calidade artística das producións musicais e de todo o sector musical galego. […]

Presentación de “O mundo e outras vésperas”, en Santiago de Compostela

O xoves 15 de setembro, celebrarase, ás 20 h, na libraría Couceiro de Santiago de Compostela, a presentación de O mundo e outras vésperas. Colaboracións en El Pueblo Gallego (1932-1936), de Álvaro Cunqueiro, en edición de Armando Requeixo. Acompañando o editor, estarán Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, César Cunqueiro, fillo de Álvaro Cunqueiro, a […]

50 anos de poesía e compromiso

A Editorial Galaxia publica De rosa antiga, de Helena Villar Janeiro. A meu pai, que me deu unhas alas. A miña nai, que me elevou os pés para alpeirar. Así comeza adicando a autora a súa obra máis persoal. Celebrando as súas vodas de ouro coa poesía, a escritora Villar Janeiro festexa o seu amor pola palabra […]

Hoxe ábrese a matrícula para o Obradoiro de Poesía con Elvira Ribeiro Tobío

Hoxe, ás 8:00 h, ábrese o prazo de inscrición da Escola para o Obradoiro de Poesía con Elvira Ribeiro Tobío, en Pontevedra. Despois do grande éxito dos obradoiros que inauguraron a terceira edición da Escola, volve a estar dispoñible o prazo de matrícula para todas e todos os amantes da palabra, interesados en aprender e conectar con […]

50 aniversario da folga xeral do 72

Cúmprense hoxe 50 anos da folga viguesa que desafiou ao Franquismo. O setembro vermello vigués. Do día 9 ao 26 daquel setembro de 1972 a clase obreira da cidade deixou os seus traballos, ata 25.000 traballadores, e botouse as rúas costentas a loitar  por uns dereitos que o réxime franquista negaba e non recoñecía. O […]

José Luis Baños de Cos gaña o V Premio Vidal Bolaño 2022

A obra gañadora do V Premio Vidal Bolaño de Teatro 2022 é LUME.  Reunido o Xurado do Premio de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño, formado polo dramaturgo Ernesto Is, a actriz Cecilia Vázquez Martínez, Delio García Represas, profesor do IES Ribeira do Louro, e Raquel Castro, como secretaria; decide, por unanimidade, onte, na sede da Editorial Galaxia, outorgar o […]