Galaxia inaugura a colección “Heterodoxos”

Os raros, as malditas, os que ata agora non tiña voz e ficaban mudos baixo o peso da lustrosa bota do poder, do canon, dos santos preceptos do establecido. Contra os dogmas,  os prexuízos, as consignas e os tópicos. Contra o optimismo dos escépticos, contra o pesimismo dos fanáticos. Para todas elas e eles, contra […]

Galaxia publica na colección Lectura Fácil a obra de Xosé Neira Vilas

Xa están a piques de chegar aos nosos almacéns as destacadas Memorias dun neno labrego e Espantallo amigo, de Xosé Neira Vilas; as novas obras que engrosan a colección Lectura Fácil. Logo de publicar libros como 20.000 leguas baixo dos mares, de Jules Verne, ou Florencio Manuel Delgado Gurriarán. Un legado infindo, de Lucía Gómez Álvarez, Galaxia aposta de novo, co […]

Vixiade as vosas costas

A Galicia Negra xa non é o que era. E iso sábeno ben as lectores e lectores de novela policial e criminal que, fieis, acoden ás librarías a mercar as novidades dos seus autores e autoras preferidos. Aquel estereotipo do noso país, cheo de prexuízos, aldraxes e tópicos mudou nun vizoso xénero literario, e tamén […]

Domingo Villar, o preferido das lectoras e lectores de Galicia

A ninguén lle sorprende o agarimo que todo o público tiña e ten por Domingo Villar. Un grandísimo escritor pero, por enriba de todo, unha gran persoa. Xa era un clásico antes da súa desgraciada perda e seguirá séndoo. Proba disto son os constantes aluimiños e mostras de afecto por parte dos seus fieis lectores […]

Galaxia inaugura setembro cargada de novidades

Despois dun verán ateigado de lecer e boas lecturas, a Editorial Galaxia abre de novo as súas portas ao público ofrecendo todo tipo de opcións literarias. Celebrando as súas vodas de ouro coa poesía, a escritora Helena Villar Janeiro festexa o seu amor pola palabra co libro De rosa antiga. Unha escolma que recolle a súa obra […]

Un verán de libros

Chega o mes de agosto e con el o descanso da nosa fábrica de Libros. Editorial Galaxia pechará as súas portas durante esta tempada para coller impulso e chegar con máis forza no vindeiro curso. Xa pensamos en novas lecturas, para todas as idades e gustos literarios, que estaremos felices de presentarvos cando se achegue […]

A Editorial Galaxia publica o novo traballo de Elvira Ribeiro Tobío

Un fabuloso álbum ilustrado pola artista rusa, establecida en Vigo, Sofía Venzel, que pode lerse do dereito e do revés. Elvira Ribeiro Tobío volve a sorprender de novo cunha orixinalísima proposta. Despois de agasallar ao público con “Mar de mazá”, ilustrada por Begoña G. Arce, obra gañadora do Premio Follas Novas na categoría de Mellor […]

Homenaxe a Domingo Villar, en Moaña

A Asociación Fotográfica e Cultural Olladas de Moaña rende homenaxe á figura de Domingo Villar cunha exposición fotográfica. O tema da mostra, realizada coa colaboración do Concello de Moaña, serán os escenarios da parroquia de Tirán nos que o escritor vigués situou parte da súa novela “O último barco” (Editorial Galaxia, 2019). O martes 2 […]