Alberto Ramos gaña a XVI edición do Premio de Narrativa Breve Repsol

A obra Os Corpos de Romanov de Alberto Ramos resultou gañadora da XVI edición do Premio Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega. Así o comunicou esta mañá a portavoz do xurado, Diana Varela, na sede da Real Academia Galega na Coruña O acto do ditame contou coa presenza de representantes das cinco entidades impulsoras do […]

Clausura da exposición de “Alén da desventura”, en Ferrol

O xoves 29 de setembro, celebrarase, ás 19 h, en Afundación de Ferrol, a clausura da exposición da nova edición de Alén da desventura, de Xavier Alcalá, ilustrado por Siro. Acompañando o autor e o ilustrador, estará Tati Mancebo, directora Comercial de Editorial Galaxia. Durante os cincuenta últimos anos Siro López colaborou coa Editorial Galaxia en diversas […]

A Editorial Galaxia publica tres obras de Neira Vilas

As obras, publicadas na colección Lectura Fácil, Memorias dun neno labrego, Espantallo amigo, e, a pertencente á colección Árbore, O cabaliño de buxo, son as creacións que engrosan o catálogo dedicado ao autor de Vila de Cruces. Lucía Gómez Álvarez foi a encargada de adaptar á Lectura Fácil Memorias dun neno labrego, unha das obras máis importantes da literatura galega, […]

O alumnado do instituto arxentino-galego Santiago Apóstolo visita a Editorial Galaxia

Hoxe, celebrando o Día Europeo das linguas, recibimos nas instalacións da editorial Galaxia, en Vigo, a visita dun grupo de estudantes e profesoras do Instituto arxentino galego Santiago Apóstol de Bos Aires. Rapazas e rapaces chegados dende o outro lado do océano Atlántico, viñeron á nosa casa para reafirmarse nos valores legados polos devanceiros, que levan […]

Convócase o V Premio Carlos Mosteiro de Literatura Infantil

Hoxe celebrouse, no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, unha rolda de prensa na que se deu a coñecer a nova edición do Premio Carlos Mosteiro. No acto, participaron Manuel Cartea (A. C. Barbantia), Patricia Lojo, concelleira de Cultura do Concello da Pobra, Lourdes Briones, viuva de Carlos Mosteiro, e Francisco Castro, director xeral […]

Hoxe celebramos o Día do Alzheimer

Hoxe, mércores 21 de setembro, celébrase o Día Mundial do Alzheimer. Unha data que busca concienciar sobre unha terrible enfermidade, que afecta de maneira directa tanto ás persoas doentes como ás familias e coidadores das mesmas. Esta é a forma máis común de demencia, pois en España representa ata o 70% dos casos. Unha realidade […]

Presentación de “Castelao. Plástica e pensamento. 1903-1916”, en Pontevedra

O mércores 21 de setembro, celebrarase, ás 19:30 h, no Arquivo da Deputación de Pontevedra, a presentación de Castelao. Plástica e pensamento. 1903-1916, de Xesús Andrés López Piñeiro. Acompañando o autor, estarán María Ortega, Deputada de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra, o prologuista do libro, Xosé Manuel Pazo Blanco, e Francisco Castro, director xeral […]