Tres novelas de Galaxia finalistas do Premio San Clemente

O pasado venres, 25 de maio, presentáronse na Secretaría Xeral de Política Lingüística as novelas finalistas da XXIV edición do Premio Literario San Clemente Rosalía-Abanca, e na Editorial Galaxia non poderiamos estar máis felices e orgullosos ao descubrir que os tres títulos finalistas na categoría en lingua galega foron publicados na nosa colección Literaria a […]
Xa podes ver Reivindicando a María Victoria Moreno

Dende hoxe xa podes ver online a través da sección “Á carta” da CRTVG, e tamén na nosa sección de “Materiais”, Reivindicando a María Victoria Moreno un filme documental de Gonzalo E. Veloso corpoducido por Galaxia, Millo Filmes e Televisión de Galicia. Unha oportunidade de ouro para aproximármonos á figura de María Victoria Moreno, homenaxeada […]
Galaxia reedita trinta anos despois Baleas e baleas

En 1988 chegaba ás librarías Baleas e baleas, o primeiro e único poemario en galego asinado por Luisa Castro ata a data, e que reaparece agora trinta anos despois convertido nun libro de culto. Considerado como un dos títulos máis rompedores das últimas décadas do pasado século, o discurso provocador e profético de Baleas e […]
Os nenos da varíola premiada na III Gala do Libro Galego

Onte celebrábase no Teatro Principal de Compostela a III Gala do Libro Galego, convocada polo AELG, AGE e a Irmandade de Librarías de Galicia, uns premios que son xa, dende a súa creación, unha das citas máis importantes do calendario literario do país. E alí soubemos que Os nenos da varíola de María Solar fora escollida […]
Letras Galegas 2018: a festa de María Victoria Moreno!

No 17 de maio de 2018, celebramos a vida e a obra de María Victoria Moreno (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 – Pontevedra, 2005), quen chegou a Galicia en 1963 tras conseguir unha praza de profesora nun instituto de Pontevedra. A súa identificación co noso país foi tan intensa que de seguida aprendeu galego e […]
Milleiros de alumnas e alumnos gozaron das obras de María Victoria Moreno no teatro

Nos últimos meses, foron milleiros e milleiros as rapazas e rapaces que ateigaron os teatros, salas e auditorios de Galicia para asistiren a algunha das dúas representacións teatrais sobre María Victoria Moreno coproducidas por Galaxia. Deste xeito, puidéronse achegar nun formato novidoso a dúas das obras máis coñecidas da autora homenaxeada no día das Letras […]
A noite do corvo e a renovación da novela policial

Chega ás librarías galegas estes días a primeira novela de Abel Tomé: A noite do corvo. A noite do corvo conta a historia do tenente Gonçalves e dos seus axudantes: Pietre, un home solitario cunha obsesión enfermiza polo sexo, e Lúa, exemplar e inocente, obrigada a coidar dun pai enfermo. Os tres enfrontaranse á hostilidade […]
A Gramola Gominola gaña o Premio Martín Códax de música infantil 2018

Máis de 700 persoas ateigaron onte o auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra para coñecer as gañadoras e gañadores dos Premios Martín Códax da Música 2018. Entre os finalistas, unha categoría na que Galaxia tiña especialmente posta os ollos: a de música infantil. Alí, optaban ao premio tres dos traballos publicados na colección Sonárbore […]