Rolda de prensa arredor de “O cabaliño de buxo”, no Pazo de San Roque

Hoxe celebrouse, no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, unha rolda de prensa arredor de O cabaliño de buxo, de Xosé Neira Vilas, ilustrado por Belén Rodríguez Pazo. No acto, participaron Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Fernando Redondo Neira, presidente da Fundación Neira Vilas, a ilustradora do libro, Belén Rodríguez Pazo, […]
Rolda de prensa arredor de “O cabaliño de buxo”, en Santiago de Compostela

O martes 11 de outubro, celebrarase, ás 11 h, no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, unha rolda de prensa arredor de O cabaliño de buxo, de Xosé Neira Vilas, ilustrado por Belén Rodríguez Pazo. Estarán no acto, Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Fernando Redondo Neira, presidente da Fundación Neira Vilas, […]
Xa está en todas as librarías “Memoria do Vigo proletario”

Xa está aquí Memoria do Vigo proletario. 50 aniversario da folga xeral de setembro de 1972, unha obra colectiva de Carlos Morais, Xavier Moreda, Isidro Román Lago e Anxo Padín. Publicado na colección Ensaio, este libro, dedicado ao proletariado de Vigo, afonda no setembro vermello vigués, nunha folga que desafiou ao Franquismo. Do día 9 ao 26 […]
Inauguración da exposición arredor da biografía de María do Carme Kruckenberg

O venres 7 de outubro, celebrarase, ás 17:30 h, a inauguración da exposición “María do Carme Kruckenberg. Vivir, unha aventura irrepetíbel”, que, co apoio da Deputación de Pontevedra, realizou a Fundación Penzol. Estará instalada ata o 10 de novembro na sala Rosalía de Castro da sede da institución provincial en Vigo. Comisariada pola súa biógrafa, Mercedes Queixas, contou coa colaboración […]
“Amiga lúa, amigo mar”, o novo poemario de Claudia Castro

Ilustrado pola artista Luz Beloso, chega Amiga lúa, amigo mar, o novo poemario de Claudia Castro. Celebrando o Día das e dos Docentes, dende a Editorial Galaxia queremos recomendar a lectura desta fabulosa obra, na que os poemas, tecidos a partir doutros versos, fan vogar ás lectoras e lectores, por augas salgadas ao abeiro do luar. […]
A Editorial Galaxia estará na Feira Internacional do Libro de Barcelona

A Editorial Galaxia participará na Feira Internacional do Libro de Barcelona, que se celebrará dende o 5 ata o 7 de outubro, na capital catalá. Na súa 40ª edición, Liber contará con Colombia como país convidado de honra. Sendo un dos mercados editoriais máis importantes de América Latina, Colombia aproveitará a súa participación neste evento […]
Rolda de prensa arredor de “Maternidades virtuosas”, en Santiago de Compostela

O martes 4 de outubro, celebrarase, no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela, ás 13:30 h, unha rolda de prensa arredor de Maternidades virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianza, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2021, de María do Cebreiro Rábade Villar. Acompañando a autora, estarán Valentín García Gómez, secretario xeral de Política […]
Un océano de versos

Diorama, de José Carou, é o novo libro que engrosa a colección Dombate de Editorial Galaxia. Os versos do autor están adobiados coas ilustracións de Laiño que, en palabras de Carou, subliman a intención de cada verso. Antes de amosarlle, xa el intuía. A amizade rescátanos dos medos íntimos, do desasisado reconto silábico en soidade. Comezar […]