Presentación do poemario “Porque te quero”, no Vello Cárcere de Lugo

O día 31 de outubro, ás 18:00 h, celebrarase, no Patio do Vello Cárcere de Lugo, a presentación do libro Porque te quero, de Baldo Ramos. Acompañando o autor, asistirán o escritor Xerardo Quintiá e o mago Carlos Coira. Como o aforo é limitado, recoméndase confirmar asistencia no teléfono: 982 297 195 O acto contará […]

Presentación do libro “O paraíso dos inocentes”, en Boiro

O venres 30 de outubro celebrarase, na Estación Lañaverde Centro Social de Boiro, a presentación do libro O paraíso dos inocentes, Premio Torrente Ballester 2019, de Antón Riveiro Coello. Acompañando o autor, asistirán María Xesús Blanco, Vicepresidenta da A. C. Barbantia, Xesús Laíño, Vogal da A. C. Barbantia, Xurxo Couto Rodríguez, Deputado de Cultura, e […]

Presentación virtual de “Virtudes (e misterios)”, de Xesús Fraga

O día 29 de outubro, ás 21:00 h, celebrarase, a través dun Facebook Live organizado pola Libraría Abrente, un Faladoiro Literario na Rede arredor do libro Virtudes (e misterios), Premio Blanco Amor 2019, de Xesús Fraga. Acompañando o autor, presentará o encontro Francisco Castro, Director Xeral da Editorial Galaxia, en compaña de Elena Bangueses, como […]

O universo máis persoal de Ánjel Lertxundi en “Ti”

O escritor Ánjel Lertxundi agasállanos un dos seus textos máis persoais e directos en Ti. Un libro que xa está dispoñible en todas as librarías de Galicia e que amosa, sen concesións e sen arestas, a vida e a morte, tocándose. Velaquí o universo máis íntimo do autor, unha obra que reflicte a incerteza e o cambio […]

Hoxe é o Día das Bibliotecas

Hoxe, 24 de outubro, celébrase o Día das Bibliotecas. Unha data que rende homenaxe ao valiosísimo labor que levan a cabo, cada día, achegando a cultura a todas e todos. Templos do saber que atesouran as letras, o coñecemento e o pensamento da humanidade. Grazas, sempre, pola súa complicidade que achega as nosas novidades editoriais a todos os […]

Hoxe celébrase o Día Mundial da Nena

Hoxe, día 11 de outubro, celébrase o Día Mundial da Nena. Unha data que conmemora o recoñecemento dos dereitos das cativas e que amosa os problemas que teñen que enfrontar, día a día, en todo o mundo. Aínda queda moito camiño por percorrer para acadar unha igualdade verdadeira. Os estereotipos de xénero asúmense dende moi […]

Presentación de “Benvidos á cidade”, en Vigo

O día 9 de outubro, ás 20 h, celebrarase, na libraría Librouro de Vigo, a presentación do libro Benvidos á cidade, de Xurxo Sierra Veloso. Acompañando ao autor, asistirá Francisco Castro, Director Xeral da Editorial Galaxia. É necesario confirmar asistencia en librouro@librouro.com O acto contará con todas as medidas de seguridade. O comando de liberación animal […]

Tal día coma hoxe, morría Edgar Allan Poe

Tal día coma hoxe, hai 171 anos, morría, en 1849, Edgar Allan Poe. Unha personalidade que non precisa moitas presentacións e que foi, sen dúbida, o gran mestre do relato curto e das historias de terror. Escritor, poeta, crítico ou xornalista, son algúns dos oficios que perfilaban a este talentoso creador. Coñecelo é fundamental para […]