Moaña é unha aventura

O pasado venres presentamos no Concello de Moaña, a edición especial do libro de Domingo Villar, O último barco, que, como explicou a alcaldesa da vila do Morrazo, Leticia Santos, servirá como agasallo institucional mais, sobre todo, para que as alumnas e alumnos dos institutos de Moaña, as bibliotecas e as asociacións da vila, poidan gozar […]
As vindeiras novidades de Galaxia

Na Editorial Galaxia xa estamos desexando que chegue setembro para que poidades gozar das mellores lecturas, para todos os públicos. Dentro da categoría de premios, está previsto que vexan a luz O paraíso dos inocentes, Premio Torrente Ballester 2019, de Antón Riveiro Coello, Flores de ferro, Premio García Barros 2020, de María Rei Vilas, e O enigma […]
A Editorial Galaxia recibe a visita do PP

Hoxe, recibimos, na Editorial Galaxia, a visita do PP. Unha comitiva encabezada por Anxo Lorenzo, Corina Porro e Teresa Egerique partillou con Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia, Xavier Martínez Cobas , Conselleiro Delegado, e Francisco Castro, Director Xeral, as súas ideas e propostas relacionadas co mundo da cultura e […]
Hoxe, hai 137 anos, nacía Kafka

Hoxe, 3 de xullo de 2020, hai 137 anos, nacía o escritor checo Franz Kafka, en Praga. Velaquí o artífice da escrita dalgunhas das obras literarias máis importantes do século XX. Á parte da súa interesante correspondencia, é autor de obras coma O proceso, O castelo, América (O desaparecido) e A metamorfose. Na colección Clásicos Universais da […]
Hoxe, hai 143 anos, nacía Hermann Hesse

Hoxe, hai 143 anos, nacía o escritor alemán Hermann Hesse, en Calw. Velaquí un dos escritores máis importantes do panorama germano moderno. Unha figura senlleira á que en 1946 lle concederon o Premio Nobel de Literatura. Na Editorial Galaxia estamos moi orgullosos de contar na nosa colección con títulos seus coma Baixo as rodas ou Siddhartha. Ámbalas dúas […]
Programa de sinaturas da Editorial Galaxia na Feira do Libro de Vigo

Comeza a Feira do Libro 2020 en Vigo! Celebrarase, coas correspondentes medidas hixiénicas e de seguridade, do 25 de xuño ao 4 de xullo en horario de maña: 11.00 – 13.00 (agás o día 25, que é a inauguración oficial) e de tarde: 17.00 – 20.00, na rúa do Príncipe. Contará cun pregón a cargo da escritora María Xosé […]
Hoxe é o Día Mundial da Música

Hoxe, día 21 de xuño, celébrase o Día Mundial da Música e, para festexalo, compartimos con todas e todos vós Lingua guapa. Cantos que contan…,un fermosísimo traballo de Fina Casalderrey e Néstor Blanco, ilustrado por Lucía Cobo. LINGUA GUAPA é un libro-disco, da colección Sonárbore, que chega para voarmos por todas as músicas do mundo. […]
Sinaturas da Editorial Galaxia, esta fin de semana, na Feira do Libro de Santiago

Velaquí as sinaturas da Editorial Galaxia que se celebrarán, esta fin de semana, na Feira do Libro de Santiago: Día 20, ás 12:00 h, Sinatura de Galicia, o país das marabillas, de Claudia Castro, ilustrado por Emanuel Lomeña. Velaquí unha nova visión, insólita, divertida e poética, sobre Galicia. É unha viaxe por toda a nosa […]