Presentación de “Corazón de manteiga”, en Vigo

O día 15 de decembro, ás 20 h, celebrarase, na sede da Deputación de Pontevedra, en Vigo, a presentación de Corazón de manteiga, de Xavier Queipo. Acompañando o autor, asistirá o escritor e docente Manuel Forcadela e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Como o aforo é limitado, recoméndase confirmar asistencia no seguinte correo: galaxia@editorialgalaxia.gal […]
Presentación de “Desvendado”, en Santiago de Compostela

O día 14 de decembro, ás 20:00 h, celebrarase, no salón de actos do Pazo de San Roque de Santiago de Compostela, a presentación do libro Desvendado, de Manuel Pombo Arias. Acompañando o autor, asistirá Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. O acto contará con todas […]
Presentación do Premio García Barros 2020, na Estrada

Hoxe presentamos, na Estrada, o Premio García Barros 2020 que publica a Editorial Galaxia co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Concello da Estrada. No acto, ademais da gañadora, María Rei Vilas, coa súa novela Flores de ferro, participaron Carlos Loureiro, secretario do xurado, o alcalde da Estrada, Xosé López, e Francisco […]
Media ducia de libros para desconectar nesta fin de ano

Xa está chegando o remate do ano, unhas datas para celebrar, dedicar tempo aos demais, desconectar e, sobre todo, para conectar con nós mesmos. Algo que se fai mellor na compaña dunha boa lectura para viaxar lonxe, mergullarnos noutras historias e pensamentos. Hai libros moi especiais, idóneos para despedir este 2020, entre os que destacamos: […]
Hoxe celebrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Hoxe, 25 de novembro, celebrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, unha data que debemos reivindicar cada día, pois é unha responsabilidade individual e colectiva conseguir unha igualdade real entre homes e mulleres. Son moitas e moi variadas as maneiras nas que a violencia machista exerce o poder contra as mulleres […]
A Editorial Galaxia estará un ano máis no Culturgal

A Editorial Galaxia estará un ano máis no Culturgal, nunha edición diferente que estará cargada de novidades. Celebrarase nun formato que opta pola semipresencialidade, cun aforo máximo de 50 persoas, as actividades serán retransmitidas por Internet. Será dende o día 27 até o 29 de novembro, en Pontevedra. Velaquí a programación da Editorial Galaxia: SÁBADO 28 de […]
Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas

Feliz Día das Letras Galegas!
Esta fin de semana celebramos o Samaín

Esta fin de semana celebramos o Samaín, unha das noites máis especiais do ano, ateigada de misterios, lendas e historias. Unha festividade cargada de personalidade propia na que a maxia é a protagonista. Para entender a festividade, recomendamos lecturas coma O noso samaín, de Loretta Birott Bermejo, para gozar e manter o espírito da efeméride […]