As novidades de Galaxia para este outono

En Galaxia afrontamos o outono e o Nadal con novidades para todos os públicos e todos os gustos, advertimos que non poderedes parar de ler!! En Literaria novelas intensas como Alma e o mar, de Francisco X. Fernández Naval ou Deixe a súa mensaxe despois do sinal, de Arantza Portabales. Aos relatos volve Antón Riveiro […]
Ismael Ramos incorpórase ao equipo da Editorial Galaxia

Ismael Ramos incorpórase ao equipo da Editorial Galaxia para desenvolver labores de comunicación. É graduado en Lingua e Literatura Españolas pola Universidade de Santiago de Compostela (2012-2016), onde recentemente completou un Máster en Estudos da Literatura e da Cultura (2016-2017) durante o cal realizou prácticas externas na Editorial Galaxia, período no que colaborou na organización […]
Expedición Tilovonte, de Carlos López, na Feira da Coruña

Chega á Feira da Coruña a expedición máis tola, divertida, disparatada… e incrible de todos os tempos! Nun mundo no que de todo pode pasar, en efecto, pasa de todo! Unha fervenza imaxinativa, a de Carlos López, que vai atraparte durante unha viaxe imposible de esquecer. Atréveste? Agardámoste o martes 8 de agosto, xunto ao […]
Xa está aquí unha nova edición do Inspiraciencia

Un ano máis chega o Inspiraciencia, o concurso de relatos de inspiración científica que organiza a Unidade de Cultura Científica da Delegación do CSIC en Cataluña e o Institut de Ciència de Materials de Barcelona, e no que a Editorial Galaxia colabora como unha das entidades convocantes dende o seu nacemento. Os participantes poderán presentar relatos […]