Caneiro presentou 'Despois de ti, a chuvia'

Categoría: Nova

Na compaña dos músicos Emilio Rúa e Xosé Gayoso e presentado polo editor do libro-disco, Francisco Castro, o poeta Xosé Carlos Caneiro presentou onte no Principal de Ourense o seu novo traballo, 'Despois de ti, a chuvia'. O patio de butacas e parte dos palcos enchéronse para escoitar a música que xerou a inspiración lírica do de Verín.
Como xa acontecera noutras ocasións, Xosé Carlos Caneiro escolleu o Teatro Principal da cidade de Ourense para presentar este espectáculo que ten vocación de chegar a moitas partes do noso país. Durante algo máis dunha hora, as músicas creadas por Emilio Rúa, abeirado ao talento coas cordas de Xosé Gayoso, puxeron o marco perfecto para que a voz de Caneiro chegase a todos e cada un dos corazóns que quixeron acompañalo nunha xornada tan importante.
Ao final do acto foron moitos os que se achegaron para mercar o libro-disco e levalo asinado por poeta e músicos.

Compartir na redes sociais: