“Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra”, xa está na Editorial Galaxia

A Editorial Galaxia publica o libro de Henrique Rabuñal, sobre Ricardo Carvalho Calero. Ao igual que na novela Scórpio diversos narradores constrúen a biografía do protagonista, en Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra, diferentes narradores iluminan o conxunto da obra literaria, lingüística ou filolóxica de Carvalho Calero e as sucesivas etapas biográficas. Os anos […]

Presentación de “Mulleres que (nos) dan que pensar” na Coruña

O día 20 de xaneiro, ás 19:00 h, celebrarase, na Biblioteca do Ágora da Coruña, a presentación de Mulleres que (nos) dan que pensar, de África López Souto. Acompañando á autora, asistirán Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Por fortuna, ao longo das últimas décadas vanse […]

Xesús Alonso Montero acada o Premio Cultura Galega das Letras

Onte, en Vigo, entregáronse os Premios da Cultura Galega. Nesta edición, o catedrático de Literatura Galega e escritor, Xesús Alonso Montero, foi galardoado na modalidade de Letras. Ensaísta e polígrafo nado en Vigo en 1928, pertence á promoción de escritores que iniciaron o seu labor intelectual e cultural tras a Guerra Civil. Dende entón desenvolveu […]

Vinte anos das “Rulas de Bakunin”

O vixésimo aniversario da publicación de As rulas de Bakunin, de Antón Riveiro Coello, cadra coa saída neste ano 2020 da novena edición da novela, que foi Premio García Barros no ano 2000 e leva 17.000 exemplares vendidos. Nestes vinte anos, o conxunto da obra literaria de Riveiro Coello non deixou de engrandecerse con temas […]

Presentación de “Papá, por que non pintas as unllas de cores? ” en Santiago

O día 13 de xaneiro, ás 19:30 h, celebrarase, na libraría Lila de Lilith de Santiago de Compostela, a presentación de Papá, por que non pintas as unllas de cores?, de Jorge García Marín. Acompañando á autora, asistirán Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Educando (construíndo) […]

A colección de Ensaio chega ao número 100

2020 comeza coma un ano no que gobernan as cifras: o 70 aniversario de Galaxia, os 100 da Xeración Nós… e a chegada do último título da  nosa colección de Ensaio, titulado Habitando historias. 10 experiencias arredor do libro e da lectura, editado por Montse Muriano Rodríguez. Sen dúbida, unhas cifras ben bonitas que nos […]

Os libros máis vendidos do 2019

O 2020 comeza dándonos a alegría de ser o ano do noso 70 aniversario e o centenario da Xeración Nós, pero deixando tamén tras de sí, a lista de títulos máis vendidos deste 2019. Son moitos os libros que nos fan sentirnos orgullosas e orgullosos e con cada un deles emprendemos unha aventura diferente. Velaquí […]